Soro de leite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 41 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q185009
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 59:
 
== Uso biotecnolóxico do soro ==
O soro de leite é un residuo agroindustrial con baixo valor comercial que se converteu nun forte axente de contaminación ambiental, por terse desbotado sen ningún tratamento previo. Quimicamente posúe innumerábeis compoñentes que presentan diversas propiedades funcionais e bioactivas, o que propiciou a súa utilización na [[biotecnoloxía]] como un substrato alternativo para a elaboración de [[medio de cultivo|medios de cultivo]] de baixo custo e minimizar os problemas ambientais causados polo desbotamento deste residuo. Diversos grupos de investigación estudan a formulación dun medio económico para a produción de [[antibiótico]]s, como a produción de [[bacitracina]] pola bacteria ''Bacillus licheniformis'' a partir do aproveitamento do soro de leite. Sábese segundo de resultados da investigación que ''B. licheniformis'' ten capacidade para utilizar o soro de leite como substrato, constituíndo unha alternativa viábel para a produción de substancias de interese económico, evitando tamén o seu desbotamento no medio ambiente.
 
== Notas ==