Virus do mosaico do tabaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
| editorial =
| id =
}}.</ref> Dimitri Ivanowski deu a primeira evidencia concreta da súa existencia en [[1892]]. En [[1898]], [[Martinus Beijerinck]] demostrou que un [[medio de cultivo]] filtrado e libre de bacterias seguía contendo o axente infeccioso.<ref name="apsnet"/>
 
En [[1935]], [[Wendell Meredith Stanley]] [[cristalización|cristalizou]] o virus e demostrou que permanece activo logo da cristalización.<ref name="apsnet" /> Por este traballo, compartiu un cuarto do [[Premio Nobel de Química]] en 1946,<ref>[http://nobelprize.org/nobel_prizes/chemistry/laureates/1946/stanley-bio.html Biografía de Stanley no sitio do Premio Nobel].</ref> aínda que despois se demostrou que algunhas das súas conclusións (en particular, que os cristais eran proteínas puras, que se ensamblaban por [[autocatálise]]) eran incorretas.<ref>[http://www.jstor.org/view/00211753/ap010239/01a00030/0] Kay, L.E. (1986). W. M. Stanley's Crystallization of the Tobacco Mosaic Virus, 1930-1940. Isis 77: 450-472.</ref> As primeiras imaxes de [[microscopio electrónico]] do VMT foron realizadas en 1939 por [[Gustav Kausche]], [[Edgar Pfankuch]] e [[Helmut Ruska]] (irmán do gañador do Nobel [[Ernst Ruska]]).<ref>G.A. Kausche, E. Pfankuch and H. Ruska (1939), Die Sichtbarmachung von pflanzlichem Virus im Übermikroskop, Naturwissenschaften 27: 292-299.</ref> En 1955, [[Heinz Fraenkel-Conrat]] e [[Robley Williams]] demostraron que o [[ARN]] do VMT e a proteína da súa [[cápside]] ensamblan por si mesmos orixinando o virus funcional, indicando que esta é a estrutura máis estable (a que ten a enerxía libre máis baixa), e probablemente o mecanismo natural de ensamblaxe sexa dentro da célula hóspede.