Orthocoronavirinae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
itálicas
Liña 20:
| url =http://talk.ictvonline.org/files/ictv_documents/m/msl/1231/download.aspx
| format =xls
| postscript = <!--None-->}}</ref> Os virus desta subfamilia teñen forma esférica, mentres que os da outra subfamilia de ''Coronaviridae'', os ''Torovirinae'', son bacilares ou unha mestura das dúas formas. Os coronavirus son virus con envoltura cun [[xenoma]] de [[ARN]] monocatenario de [[Sentido (bioloxía molecular)|sentido positivo]] e unha nucleocápsida de simetría helicoidal. O tamaño do xenoma dos coronavirus está entre 26 e 32 [[par de bases|kb]], o que é extraordinariamente grande para un virus de ARN. O nome "coronavirus" deriva do [[latín]] ''corona'', que significa coroa ou halo, referíndose á aparencia característica dos seus [[virión]]s nas imaxes de [[microscopio electrónico]] nas que presentan unha banda de proxeccións superficiais na súa envoltura grandes e bulbosas, que lembra a [[coroa solar]]. Esta morfoloxía débese ás espículas virais ou [[peplómero]]s, que son [[proteína]]s que sobresaen da superficie do virus e determinan o seu [[tropismo de hóspedes]] (os hóspedes aos que poden infectar). Os coronavirus, como todos os virus da orde [[Nidovirales]] á que pertencen, teñen as proteínas estruturais codificadas na rexión 3' do xenoma, as cales se expresan a partir dun conxunto de ARNms subxenómicos producidos durante a infección.
 
As proteínas que contribúen a formar a estrutura de todos os coronavirus son as proteínas chamadas espícula (S), envoltura (E), membrana (M) e nucleocápsida (N). No caso específico do coronavirus [[SARS]], un dominio de unión ao receptor ben definido da proteína das espículas (S) media a unión do virus co receptor celular, que é o [[encima convertidor da anxiotensina 2|ACE2]].<ref name="li">{{Cite journal|author=Li F, Li W, Farzan M, Harrison SC |title=Structure of SARS coronavirus spike receptor-binding domain complexed with receptor |journal=Science |volume=309 |issue=5742 |pages=1864–8 |year=2005 |month=September |pmid=16166518 |doi=10.1126/science.1116480}}</ref> Algúns coronavirus (especificamente os membros dos Betacoronavirus do subgrupo A) tamén teñen unha proteína de tipo espícula máis curta chamada [[hemaglutinina esterase]] (HE).<ref name="groot" />