John Frusciante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
}}
 
'''John Anthony Frusciante''', nado o [[5 de marzo]] de [[1970]] en [[Nova York]], é un guitarrista, cantante, compositor e produtor estadounidense. É coñecido por ser o antigo guitarrista da banda [[Red Hot Chili Peppers]], coa cal gravou cinco álbums de estudio. Frusciante ten unha activa carreira en solitario, tendo editados dez álbums co seu nome, ademais de dous co actual guitarrista dos Chili Peppers [[Josh Klinghoffer]] e [[Joe Lally]], co nome de Ataxia. As súas gravacións en solitario inclueninclúen elementos que van do [[rock experimental]] e a [[música ambient]] ata o [[New Wave]] e a [[música electrónica]]. Influenciado por guitarristas de varios xéneros, Frusciante fai fincapé na melodía e na emoción no seu estilo de tocar, e prefire as guitarras ''vintage'' e as técnicas de gravación analóxicas.
 
Frusciante uníuseuniuse a Red Hot Chili Peppers aos 18 anos de idade, e apareceu por vez primeira coa banda no seu álbum de [[1989]] ''[[Mother's Milk]]''. O seguinte disco da banda, ''[[Blood Sugar Sex Magik]]'' ([[1991]]), sería o que os lanzou ao éxito. Porén, a nova popularidade dos Red Hot sobrepasouno e deixou o grupo en [[1992]]. Recluíuse e entrou nun longo período de adicción ás drogas, durante o cal publicou as súas primeiras gravacións: ''Niandra Lades and Usually Just a T-Shirt'' (1994) e ''Smile from the Streets You Hold'' (1997). En [[1998]] rehabilitouse e reuníusereuniuse con Red Hot Chili Peppers para o álbum ''[[Californication (álbum)|Californication]]'' (1999). O seu traballo ''To Record Only Water for Ten Days'' foi publivadopublicado en [[2001]]. Nunha etapa creativa, Frusciante editou seis álbums en solitario no ano [[2004]]; cada un deles explorando diferentes técnicas de gravación e xéneros. No [[2009]] Frusciante publicou ''The Empyrean'' e separouse novamente de Red Hot Chili Peppers. Frusciante ten producido ou gravado con artistas como [[Wu-Tang Clan]], [[The Mars Volta]] ou [[George Clinton]] entre outros.
 
Frusciante ten recibido o recoñecemento da crítica pola súa forma de tocar a guitarra, acadando o posto 18 na lista da ''[[Rolling Stone]]'' dos "100 mellores guitarristas de todos os tempos" en [[2003]]<ref>[http://www.rollingstone.com/music/lists/100-greatest-guitarists-of-all-time-19691231/john-frusciante-20101202 ''Rolling Stone'' - The 100 Greatest Guitarists of All Time]</ref>, e foi votado o mellor guitarrista dos últimos 30 anosnunhaanos nunha enquisa do ano [[2010]] da [[BBC]] chamada "The Axe Factor"<ref>[http://www.bbc.co.uk/6music/news/20100409_axefactor.shtml bbc.co.uk - "The Axe Factor"]</ref>.
 
== Notas ==
Liña 31:
{{DEFAULTSORT:Frusciante, John}}
[[Categoría:Guitarristas]]
[[Categoría:Nados en Nova York]]
[[Categoría:Nados en 1970]]