Xaime I de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 31 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q212052
mSen resumo de edición
Liña 20:
Aínda que un grupo de cabaleiros aragoneses participou na campaña debido ás súas obrigacións co rei, a [[conquista de Mallorca]] sería unha empresa fundamentalmente catalá (cataláns serían tamén posteriormente a maioría dos seu repoboadores). O 6 de setembro de 1229, a escuadra catalá partiu de [[Salou]], e conquistou [[Mallorca]] a [[Abú Yahya]], o gobernador [[almohade]] semi-independente da illa.
 
As tropas aragonesas desembarcaron en Santa Ponsa e venceron aos musulmáns na [[batalla de Portopi]] (13 de setembro de 1229). Os musulmáns refuxiáronse trala murallas de [[Palma de Mallorca|Palma]] ([[Madina Mayurqa]]) e crucificaron a varios soldados aragoneses á vista das tropas de Xaime. Estas pouco despois tomaron e pasaron a coitelo á poboación da cidade (decembro de [[1229]]) e apoderáronse da illa en poucos meses, salvo un pequeno núcleo de resistencia musulmá que logrou manterse na [[serra de Tramontana]] ata [[1232]]. Os poboadores musulmáns fuxiron a África ou foron escravizados, mentres que a illa foi repoboada con cataláns.
 
Logo de pasar a coitelo a poboación de [[Madina Mayurqa]], a cantidade de cadáveres foi tal que se produciu unha epidemia que decimou o exército de Xaime I. Por riba, os nobres cataláns intentaron quedarse co botín, provocando unha revolta que debilitaría aínda máis o poder militar de Xaime I.
[[Reino de Mallorca|Mallorca]] constituíse como un reino máis da Coroa de Aragón baixo o nome de ''regnum Maioricarum et insulae adxacentes'', o cal obtivo unha carta de franquía en [[1230]]. A institución en [[1249]] do municipio de Mallorca (actual [[Palma de Mallorca]]) contribuiría á institucionalización do reino.
 
=== Conquista de Menorca ===