Estatuto de Autonomía de Asturias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3326369
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 4:
O réxime preautonómico instáurase en Asturias por [[Decreto Lei]] 29/[[1978]], de [[27 de setembro]], instituíndo o Consello Rexional de Asturias "como órgano de goberno e administración da Rexión" (art. 2). Creouse unha Comisión Mixta de representantes da Administración do Estado e do Consello Rexional de Asturias para propor ao Goberno os acordos sobre transferencias da xestión de funcións, actividades e servizos da competencia da Administración do Estado.
 
O [[1 de xuño]] de [[1979]] os [[partido político|partidos políticos]] con representación parlamentaria na Deputación de [[Oviedo]] toman a decisión de formalizar o inicio o proceso autonómico. Para elaborar un Anteproxecto de Estatuto fórmase a chamada ''Comisión dos 24'' (composta por seis representantes de cada partido: [[Unión de Centro Democrático|UCD]], [[Federación Socialista Asturiana|FSA]]-[[Partido Socialista Obreiro Español|PSOE]], [[Partido Comunista de Asturias|PCA]] e [[Coalición Democrática|CD]]) foi encargada de elaborar un grupo de traballo, a ''Comisión dos 8'', para elaborar o primeiro borrador de Estatuto. As deliberacións desta comisión levan a elixir a forma prevista polo artigo 143.1 da Constitución para desenvolver o Estatuto e rexeitar, en cambio, o 151, ante a negativa de CD. En decembro do mesmo ano, o Consello Rexional de Asturias adopta a iniciativa de constituír Asturias en Comunidade Autónoma -seguindo o Título VIII da Constitución- e traslada aos concellos esta decisión para que adopten similar iniciativa: 72 municipios (o 95% do censo electoral) deciden acollerse ao procedemento do artigo 143.
 
O [[18 de xaneiro]] de [[1980]] constitúese a Asemblea de [[Parlamentario]]s e [[Deputado]]s provinciais encargada de elaborar o Proxecto de [[Estatuto de autonomía]] terminando os seus traballos o [[12 de abril]].