Parque de Castrelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 30:
 
O xardín continúa na parte posterior do edificio en tres niveis descendentes. O superior está ocupado polo xardín de [[roseira]]s. Arranca dun gazebo cuberto cunha [[pérgola]] de madeira, que era o antigo [[invernadoiro]]. O xardín consta dun pequeno carreiro con rotondas e esculturas. Ao longo do camiño trázanse unha serie de arcos polos que ruben as roseiras. Ao final do mesmo atopamos a imaxe dunha virxe.
 
 
Ao pé das fiestras do pazo, aparece o nivel medio, o xardín [[Racionalismo|racionalista]]: simétrico, estábel e proporcionado no que salienta a escultura vexetal da [[sebe]] de [[buxo]]s. Concíbese, á maneira dos grandes xardíns da Francia [[Barroco|barroca]], a partir dun eixo lonxitudinal perpendicular á fachada que permite velo na súa totalidade cun so golpe de vista.
 
O intermedio constitúe o xardín francés. Distínguense dúas zonas: a inmediata á fachada cun trazado de [[sebe]]s de [[buxo]] formando un [[labirinto]], arrodeado dunha greca polo perímetro e unha fonte en cuxo aparecen uns [[golfiño]]s de granito, aínda que na súa orixe eran de [[chumbo]]. Destaca o exemplar de [[Camelia do Xapón|camelia]] , cuxa idade rolda os douscentos anos (a máis vella de Galiza). O sector máis afastado é de maiores dimensións e ten un trazado máis sinxelo, totalmente simétrico, en torno a un eixo lonxitudinal e a un florón central, no que aparecen, entre outras, unha boa escolma de [[Palmeira (botánica)|palmeiras]], [[teixo]]s, etc. No corredor lateral que o limita co xardín de roseiras atópase o paseo dos escudos.
 
 
No nivel máis baixo aparece o [[Xardín inglés|xardín romántico inglés]], tamén chamado “pradaría do té” dado o costume británico dos seus anteriores donos de tomar o té neste lugar. É un xardín moito máis sinxelo ca o francés. O seu deseño está asociado á corrente naturista, onde a flora semella medrar libremente sen unha orde predeterminada, agás as árbores. O estilo é subxectivo, con camiños imprevistos, especies de crecemento libre e elementos sacados do orientalismo como [[Pavillón (arquitectura)|pavillón]]s e [[pagode]]s a escala. Basicamente é unha pradería rectangular rodeada por dúas sendas de paso. No centro sitúase un encoro para parrulos cun illote central cunha reprodución a escala do propio pazo -influencia das miniaturas chinesas que tan de moda estiveron durante o século XVIII. Na parte final do xardín, sobre un estanque, érguese unha estatua do século XVII, “A fonte de Neptuno”, situada noutrora na Porta do Sol de Vigo. Hai neste xardín exemplares moi valiosos de especies exóticas coma [[tulipeiro]]s, [[araucaria]]s, [[camelia]]s e [[ficus]].