Función: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
Liña 25:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Dirichlet.jpg|miniatura|[[Dirichlet]] foi quen introduciu a definición formal de función moderna.]]
Como un termo matemático, "'''función'''" foi introducido por [[Gottfried Wilhelm Leibniz|Leibniz]] en [[1694]], para describir [[cantidades]] [[relacionadas]] a unha [[curva]]; tales como a inclinación da curva ou un [[punto (xeometría)|punto]] específico da dita curva. Funcións relacionadas á curvas son actualmente chamadas [[diferenciación|funcións diferenciábeis]] e son aínda o tipo de funcións máis atopado por non-matemáticos. Para este tipo de funcións, pódese falar de [[limites]] e [[derivadas]]; ambos sendo medida da mudanza nos valores de saída asociados á variación dos valores de entrada, formando a base do [[cálculo infinitesimal]].
 
A palabra función foi posteriormente usada por [[Leonhard Euler|Euler]] a mediados do [[século XVIII]] para describir unha [[expresión matemática|expresión]] comprendendo varios [[argumentos]]; i.e:''y'' = F(''x'').
Ampliando a definición de funcións, os matemáticos foron capaces de estudar "estraños" obxectos matemáticos tales como funcións que non son diferenciábeis en calquera dos seus puntos. Tales funcións, inicialmente tidas como puramente imaxinarias e chamadas xenericamente de "monstros", foron xa no final do século XX, identificadas como importantes para a construción de modelos físicos de fenómenos tales como o [[movemento Browniano]].