José Leite de Vasconcelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 13:
 
==Leite e o galego==
Desde cedo, Leite de Vasconcelos dedicou a súa atención á lingua galega. Xa en [[1902]] publicou un pequeno opúsculo na Revista Lusitana, ''Vozes galhegas'', a partir dun manuscrito, que encontrara na [[Biblioteca Nacional de Madrid]], algo posterior ao ano [[1843]]. Na ''Esquisse'' de [[1910]] caracterizou o galego como un co-dialecto do portugués, co que separaba o antigo tronco galego-portugués en dúas pólas emparentadas, mais diferentes xa. No mesmo ano publicou ''Miuçalhas gallegas'', no que presta atención a aspectos diversos. Nos Opúsculos incluíu catro breves estudos sobre falas arrainas galegas, as correspondentes a [[Ribadavia]], [[Ferreiros, Entrimo, Entrimo|Ferreiros]], [[Lobios|San Miguel de Lobios]] ([[Provincia de Ourense]]) e máis a de [[Hermisende]] ([[Provincia de Zamora]]), aínda que esta última en rigor é un falar [[Tras-os-Montes|trasmontano]].
 
A recolleita de datos do galego por Leite foi apresurada; na maior parte dos casos apenas lle levaron un día nas súas visitas a Galiza, cousa que por outra banda tamén se lle pode achacar as diversas recolleitas de datos para os diferentes dialectos portugueses. A súa excesiva dispersión, a pesar do seu enorme talento e a súa inmensa capacidade de traballo, facía que tal vez non puidese gastar demasiado tempo nas súas estadías onde quer que fose. Para o galego foi unha mágoa, pois se perdeu a oportunidade de que un auténtico filólogo fixese un traballo científico conxunto que o caracterizase coa precisión debida a inicios do século XX. De todos xeitos a visión de Leite sobre o galego era cordial, o que é de agradecer, como dixera o profesor [[Xesús Alonso Montero]].