Festival de Cans: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
Proxéctanse fundamentalmente curtametraxes galegas e pretende retirarlle todo o cerimonioso que teñen estes certames: as proxeccións non son en cines senón en [[alpendre]]s, [[Adega (de viño)|adega]]s e baixos de casas; en vez de [[limusina]]s o "vehículo oficial" son os [[chimpín]]s, etc., nun concepto que os seus organizadores denominan "agroglamour".
 
Está organizado pola [[Asociación Cultural Arela]] e os veciños e veciñas de Cans, baixo a coordinación do guionista [[Alfonso Pato]]. Ten dúas seccións principais, unha de [[ficción]] e outra de [[animación]]. O festival foi ano a ano ampliando as seccións. Dende 2005 existe o "Jalpón Friki", no que se proxectan curtas extravagantes. Dende 2006 estréanse longametraxes, como ''[[Por min e por todos os meus compañeiros]]'' de Judas Diz ese ano, e en 2007 ''[[Abrígate]]'' de [[Ramón Costafreda]], ''[[Gritos no corredor]]'' de [[Juanjo Ramírez]], ''[[Só concertinas]]'' de [[Víctor Coyote]], ''[[Cartas italianas]]'' de [[Marios Iglesias]],''[A noite que deixou de chover]]'' de [[Alfonso Zarauza]], ''[[Doentes (filme)|Doentes]]'' de [[Gustavo Balza]], ''[[Personal Movie]]'' de [[Héctor Carré]] ou ''[[EScuchandoEscuchando al juez Garzón]]'' de [[Isabel Coixet]]. En 2007 abriuse unha sección para mostrar e premiar os mellores [[videoclipsvideoclip]]s galegos. En 2008 creouse a Sala Multiusos, que acolle proxeccións acompañadas de actuacións musicais no chamado Jaliñeiro Unplugged.
 
Cada ano as curtametraxes gañadoras en Cans proxéctanse en varias localidades galegas e diferentes cidades e festivais do mundo: xa se proxectaron en Lisboa, Porto, Madrid, Barcelona, Bristol, A Haia, Bruxelas, París, Dournenez e o Sáhara Occidental, entre outros.