Viroide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
 
O ARN dos viroides non codifica ningunha [[proteína]], <ref>{{cite journal |author=Tsagris EM, de Alba AE, Gozmanova M, Kalantidis K |title=Viroids |journal=Cell. Microbiol. |year=2008 |month=September |pmid=18764915 |doi=10.1111/j.1462-5822.2008.01231.x |volume=10 |pages=2168–79 |issue=11}}</ref> pero pode ter actividade de [[ribocima]].<ref>[http://www.microbiologybytes.com/virology/Viroids.html]</ref> Cando infecta as plantas este ARN replícase nelas. O mecanismo de replicación implica a [[ARN polimerase II]] do [[hóspede]], un [[encima]] normalmente asociado coa síntese de [[ARN mensaxeiro]] a partir de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]], pero que nos viroides actúa catalizando a síntese en "[[círculo rodante]]" do novo ARN utilizando como molde o ARN do viroide inicial. Algúns viroides son [[ribocima]]s, polo que teñen propiedades catalíticas que lles permiten autocortar e ligar xenomas de tamaño unidade a partir de intermediarios de replicación máis longos, <ref>{{cite journal |author=Daròs JA, Elena SF, Flores R |title=Viroids: an Ariadne's thread into the RNA labyrinth |journal=EMBO Rep. |volume=7 |issue=6 |pages=593–8 |year=2006 |pmid=16741503 |doi=10.1038/sj.embor.7400706 |pmc=1479586}}</ref> pero outros viroides fan o corte con encimas [[RNAase]]s da planta. Por tanto, para a súa replicación dependen de encimas do hóspede (pero non dependen doutra especie de virus como os virusoides e satélites).
 
Outros axentes parecidos son os [[virusoide]]s, que precisan infectar á célula xunto con outro virus, do cal dependen para a súa replicación. Polo contrario, o viroide non depende doutro virus.
 
O primeiro viroide que foi identificado foi o ''[[viroide do tubérculo afusado da pataca]]'' (PSTVd). En total lévanse identificado algo máis de 30 especies: