Gran Premio do Reino Unido de 1971: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
a primeira edición de este artigo procede total ou parcialmente dunha tradución de en:1971 British Grand Prix
 
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 41:
== Informe da carreira ==
 
Nun dos circuítos máis rápidos do calendario, no que a potencia era fundamental, [[Clay Regazzoni]], pilotando un [[Scuderia Ferrari | Ferrari]], gañou a pole cunha rapidisima volta de 1 min 18´1 segundos, superando a [[Jackie Stewart]] co [[Tyrrell Racing | Tyrrell]] e [[Jo Siffert]] co [[BRM]] por só un par de centésimas de segundo. BRM estaba de loito pola perda de [[Pedro Rodríguez de la Vega|Pedro Rodríguez]] nunha carreira uns días antes.
 
A saída en si foi un caos, unha baixada de bandeira fallida causou unha colisión entre [[Jackie Oliver]] e [[Graham Hill]], pola que Oliver foi multado con 50 libras. Regazzoni lideraba seguido de [[Jacky Ickx]] e Stewart, pero logo de só unha volta Stewart pasou a Ickx, con Siffert seguíndoo. Na volta 4, Stewart pasou a Regazzoni e desapareceu na distancia. Na volta 10 tiña máis de 3 segundos de vantaxe. Nas posicións de puntos, [[Emerson Fittipaldi]], [[Ronnie Peterson]] e [[Tim Schenken]] estaban tendo unha pelexa memorable. Regazzoni volveu a pasar a Siffert que sufría de problemas de vibracións na volta 15, pero o piloto de BRM logrou aferrarse á parte traseira do Ferrari durante varias voltas. Stewart aumentou a súa vantaxe a 14 segundos e na volta 20 incrementouna a 18 segundos. Ickx deixou a cuarta posición cando lle reventou o seu pneumático dianteiro esquerdo, e Siffert perdeu posicións cun soporte de bobina roto. A batalla entre Peterson, Schenken e Fittipaldi era polos lugares terceiro, cuarto e quinto.