Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
*fiordo>fiorde
Liña 73:
Os británicos souberan polo sistema Ultra (que conseguía descifrar as mensaxes en código Enigma) sobre a vixilancia aérea do [[estreito de Dinamarca]] e da base da [[Royal Navy]] en [[Scapa Flow]], así como os plans de saída cara o [[Atlántico]] do ''Bismarck'' (porén, os británicos non desencriptaron mensaxes de Enigma sobre do ''Bismarck'' durante Rheinübung). Os cruceiros pesados británicos equipados con [[radar]] capaces de reabastecerse de combustible en [[Islandia]], foron enviados a patrullar o estreito de Dinamarca. Os escuadróns non equipados para reabastecerse en combate agardaron un avistamento dos buques despregados. O [[20 de maio]] de [[1941]], o cruceiro sueco ''[[HMS Gotland]]'' atopou e rastrexou o grupo de combate alemán dirixíndose cara o noroeste pasado [[Göteborg]]. Un oficial noruegués en [[Estocolmo]] enterouse do avistamento por unha fonte militar sueca e informou ao agregado naval británico, que inmediatamente chamou ao Almirantazgo.
 
Alertado por este informe, ás 03:30 do [[21 de maio]], o Almirantazgo pediu un recoñecemento aéreo da costa norueguesa. Un [[Supermarine Spitfire|Spitfire]] de recoñecemento atopou e fotografou ao ''Bismarck'' no [[fiordofiorde de Grimstad]] (60°19.49′N 5°14.48′E), preto de [[Bergen]] ás 13:15, e menos de dúas horas despois o ''Bismarck'' e o ''Prinz Eugen'' atracaron na cidade norueguesa. Con esta importante información, a [[Home Fleet]] británica enviou aos acoirazados ''[[HMS Prince of Wales]]'' e ''[[HMS Hood (51)|HMS Hood]]'', escoltados por un feixe de destrutores, cara [[Islandia]]. Catro cruceiros foron cubrir a vía de escape cara o Atlántico Norte do [[estreito de Dinamarca]] e o oco entre as [[Feroes]] e Islandia.
 
As ordes operacionais do ''Bismarck'' non requirían que repostase en Bergen (o ''Prinz Eugen'' fíxoo por necesidade), e o acoirazado non tomou combustible extra no día que pasou no Grimstadfiord. Este feito tería posteriormente consecuencias serias para o barco, sobre todo porque saira dende Gotenhafen sen que os tanques estivesen completamente cheos e xa consumira unha décima parte da súa carga durante a viaxe ata [[Noruega]]. O Almirante Lütjens sabía que un barco de repostaxe, o ''Weissenberg'', estaba agardando por eles no [[Ártico]], a polo menos un día de navegación. Foi estraño que, aínda tendo esta información, non aproveitase esa oportunidade de repostar o ''Bismarck'' para a que podería ser unha perigosa viaxe. Por outra banda, a súa decisión de parar en [[Bergen]] revocou unha decisión anterior de dirixirse directamente cara o Ártico e o ''Weissenberg''. Isto tamén lles fixo perder un día e expúxoos á detección da vixilancia aérea británica.