Leninismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Lenin CL Colour.jpg|thumb|left|Vladimir Lenin]]
O leninismo é basicamente a continuación do marxismo. O marxismo afirma que a clase obreira debe actuar contra a burguesía e o capital para instaurar o socialismo, e o leninismo di como facelo, creando unha "asociación" dos traballadores máis conscientes sobre a situación do proletariado, que sería un Partido Comunista, o cal organizaría a loita.
Unha das achegas máis importantes de Lenin foi na cuestión da organización comunista. Dicía que a loita económica do [[proletariado]] só o levaría a adquirir una ideoloxía sindicalista e que a conciencia marxista e revolucionaria debían ser introducidas dende fora. Ademais, plantexaba que a clase obreira, para levar a cabo a súa actividade revolucionaria, debería contar cun [[vangardia revolucionaria|destacamento de vangarda]] que dirixira a súa loita, o [[Partido Comunista]]. Segundo Lenin, os obxectivos do partido só poderianpoderían ser alcanzados cunha forma de organización disciplinada coñecida como [[centralismo democrático]].
O Leninismo mantén que o [[imperialismo]] é o estado máis alto do [[capitalismo]], e que o capitalismo só se pode vencer ao [[capitalismo]] a través dos medios revolucionarios (calquera intento de reformar o capitalismo está destinado ao fracaso). Lenin cría na destrución do [[Estado]] capitalista a través da [[revolución]] proletaria, e en reemprazar a ese Estado pola [[ditadura do proletariado]], un sistema de democracia dos traballadores, no que os traballadores terían o poder político a través de consellos chamados [[soviet]]s).
 
A teoría de Lenin sobre o imperialismo tiña como obxetivoobxectivo mellorar a obra de [[Karl Marx]] explicando un fenómeno que Marx non predicira: o Capitalismo que se converte nun sistema global, Marx describírao como un sistema nacional). No medio desta teoría do imperialismo está a idea de que as nacións capitalistas avanzadas intentan evitar a revolución forzando que a súa sobreprodución entre nos mercados coloniais e explotando os recursos destas [[colonialismo|colonias]]. Isto permitía ás nacións capitalistas industrialmente avanzadas manter contentos ao seus traballadores, en parte tamén a través da creación dunha [[aristocracia obreira]]. Como resultado o capitalismo sería dirixido por ese sector privilexiado, representado polos partidos [[socialdemocracia|socialdemócratas]], ata o punto de que a revolución non ocorrería nas nacións máis avanzadas, como Marx previra, senón no Estado imperialista máis débil: [[Rusia]].
 
Se a revolución só se pode levar a cabo nun país subdesenrolado isto conleva un problema serio: ese país non será capaz de desenrolar un sistema socialista, na teoría marxista o [[socialismo]] é o estadio que sucede ao capitalismo, antes de chegar ao [[comunismo]]), porque o capitalismo aínda non seguiu o seu curso completo nese país, e porque os poderes extranxeirosestranxeiros intentarán acabar coa revolución a calquera custo. Para solucionar este problema Lenin propón dúas posibles solucións:
 
# A revolución sucede nun país subdesenrolado desata unha revolución nun país capitalista desenrolado, por exemplo, Lenin esperaba que a Revolución Rusa provocara unha revolución en [[Alemaña]]. O país desenrolado establece o socialismo e axuda ao subdesenrolado a facer o mesmo.
# A revolución ten lugar en numerosos países subdesenrolados ao mesmo tempo ou nunha sucesión rápida; os países subdesenrolados xúntanse nun estado [[federalismo|federal]] capaz de intimidar ás potencias capitalistas e establecer o Socialismo. Esta era a idea orixinal durante a fundación da [[Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas]] (URSS).
 
O socialismo non pode sobrevivir só nun país pobre e subdesenrroladosubdesenrolado. Por iso, o Leninismo avoga pola revolución mundial nunha forma ou outra.
 
== Correntes leninistas ==