Cortesía verbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Este artigo precisa dunha revisión ortográfica (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Pode axudarse do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o reviso
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Ortografía}}
{{Sen referencias|data=maio de 2013}}
A '''cortesía verbal''' é unha institución cultural que participa no establecemento e mantemento das relacións sociais. Dende unha perspectiva xeral facilita a interacción entre as persoas. Este carácter cultural mostra diferenzas notables entre unhas sociedades e outras. Sirva de exemplo a función dos eructos nas sociedades islámicas fronte as occidentais.
A cortesía interactúa con conceptos [[pragmáticos]] coma os [[actos de fala]], que se poden caracterizar coma corteses ou non corteses, así alagar, ofrecer ou invitar son actos corteses, mentres que ordenar, pedir, mandar ou insultar son actos que evidencian unha descortesía.{{Cómpre referencia|data=maio de 2013}}
 
==A visión de Robin Lakoff==
Con respecto ao estudo da Cortesía dentro da vertente [[pragmática]], unha das primeiras autoras que propuxo estratexias lingüísticas, en forma de máximas, foi [[Robin Lakoff]]. Propón tres estratexias:
# Non impoñer a vontade persoal á do interlocutor.
Liña 11 ⟶ 12:
A terceira máxima ten un ámbito de aplicación máis xeral, implica reforzar a cortesía en si, non só con actos lingüísticos do tipo alago, ofrecemento, etc, senón tamén empregando elementos cinésicos e proxémicos como sorrisos, caricias, palmadas, entre outros, que forman parte do día a día nas nosas interaccións. Fálase entón de estratexias de ''cortesía positiva''.
 
==A análise custo-beneficio de G. Leech==
En 1983, G. Leech interpreta a cortesía coma o ''principio regulador da distancia social'' e fala de ''cortesía relativa'', que depende das posicións sociais dos interlocutores, e de ''cortesía absoluta'', que caracteriza os [[actos de fala]] como tales. Un exemplo de cortesía relativa sería tratar de ''vostede'', ou simplemente falarlle co respecto que se supón se merece, a unha persoa maior, ou a alguén de rango social elevado, coma o representante dunha institución (presidentes, reis, etc.). Fronte a esto, un exemplo de ''cortesía relativa'' é transformar unha orde ou un mandato nunha petición, ou nunha simple pregunta.
Según Leech, unha acción é máis cortés canto maior é o custo para o emisor e maior sexa o beneficio para o destinatario, así: ofrecer, invitar, etc. Pola contra, canto maior sexa o custo para o destinatario e maior o beneficio para o emisor, o acto será máis descortés: mandar, pedir, etc. Así, establécense catro tipo de accións en relación coa cortesía absoluta:
Liña 23 ⟶ 25:
# De acordo: minimizar o desacordo e maximizar o acordo.
 
==A perspectiva de Brown e Levinson==
Quizáis a aportación de [[Penélope Brown]] e [[Samuel Levinson]] sexa a máis importante, ou polo menos a máis coñecida. Introducen o concepto, empregado anteriormente por [[Gofman]], de ''face'', traducible polo de ''imaxe''. Falan de dous tipos de imaxe. Por un lado existe unha imaxe negativa, dende unha perspectiva persoal, que fai que todo individuo quere sentirse libre en actos e desexos. Por outro lado, dende un punto de vista social, intentamos ser valorados e apreciados pola xente que nos arrodea: fálase entón de imaxe positiva. Brown e Levinson parten da idea de que todas as interaccións comunicativas constitúen un potencial acto de ameaza á imaxe (AAI), e aquí tense en conta tanto a imaxe positiva como a negativa do emisor e dos diferentes destinatarios. Dependendo do tipo de acto, temos:
# AAI positiva do emisor: autocrítica, confesión, etc.
Liña 46 ⟶ 49:
 
Para algúns autores, como [[Kebrat-Orecchioni]], a visión de Brown e Levinson implica unha visión demasiado negativa das relacións sociais. Esta autora fala de ''actos de reforzo da imaxe'', como felicitacións, louvanzas, saúdos, etc. Son actos que xogan un papel moi positivo no mantemento das relacións sociais. Son actos en si mesmo corteses e positivos, que non supoñen ningunha ameaza potencial, senón todo o contrario.
 
==Referencias==
Lakoff, Robin (1973): ''The logic of politeness; or, minding your P's and Q's'',Chicago, Chicago Linguistic Society.
Leech, G. (1983): ''Principles of pragmatics '', California, Longman.
Brown, P. & S. Levinson (1987): ''Politeness: Some Universals in Language Usage'', Cambridge University Press.
Haverkate, H. (1994): ''La Cortesía Verbal: Estudio Pragmalingüístico'', Madrid, Gredos.
 
[[Categoría:Pragmática]]