Animais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 39:
 
== Características xerais ==
[[Ficheiro:Panthera tigris sumatran subspecies.jpg|thumb|300px|[[Tigre de Sumatra]] (''Panthera tigris sumatrae'' Pocock).]]
 
Con poucas excepcións, máis notábeis nas esponxas ([[filo]] dos [[porifera|poríferos]]), os animais teñen corpos diferenciados en [[tecido (bioloxía)|tecidos]] separados. Estes inclúen [[músculo]]s, que poden contraérense para producir o movemento, e un [[sistema nervioso]], que envía e procesa sinais. Adoitan teren tamén unha [[Aparato dixestivo|cámara dixestiva interna]], con unha ou dúas aberturas. Os animais con este tipo de organización son coñecidos como [[Eumetazoa|eumetazoos]], en contraposición aos [[parazoos]] e [[mesozoo]]s, que son niveis de organización máis simples dentro dos [[metazoo]]s, xa que carecen dalgunhas das características mencionadas.