Diferenzas entre revisións de «Dámaso Berenguer»

m (Bot: Retiro 11 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q562621)
Logo de ser nomeado Alto Comisario español en [[Marrocos]], deseñou un ambicioso plano de pacificación e ocupación definitiva do territorio do [[Protectorado español de Marrocos|protectorado]]. Pese a obter algúns éxitos nos comezos, como foi a toma de [[Xauen]] en [[1920]], toda a operación fracasou ante o [[desastre de Annual]] ([[1921]]), propiciado pola actuación neglixente do xeneral Fernández Silvestre, comandante xeneral da zona de Melilla e subordinado seu. Silvestre, ao que parece, animado polo rei [[Afonso XIII]], no seu avance sobre Annual fixo sen fortificar axeitadamente a súa retagarda. Esta actuación temeraria produciu a derrota perante as [[harka]]s rifeñas, dirixidas por [[Abd el Krim]]
 
Procesado e separado do servizo polas súa responsabilidade, foi amnistiado logo do [[golpe de estado]] de [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]] en [[1923]]. En [[1924]] foi nomeado xefe da Casa Militar do rei. O [[27 de marzo]] de [[1925]] foi nomeado [[Capitán Xeneral de GalizaGalicia]], cargo que ostentou até o [[31 de agosto]] de [[1926]]. Primo de Rivera propuxo o seu nomeamento como conde de Xauen en 1927.
 
===A [[Ditabranda]]===
Usuario anónimo