Termodinámica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
artigo que toda Wikipedia debe ter
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Sempre que unha ou máis propiedades dun sistema varían, dise que ocorreu unha mudanza de [[Estado (física)|estado]]. O camiño a través de sucesivos estados polo cal pasa o sistema defínese como proceso. Un proceso de case-equilibrio é aquel no que o desvío do [[equilibrio termodinámico]] é infinitesimal, e todos os estados polo cal o sistema pasa pode considerarse como estados de equilibrio. Moitos procesos reais poden aproximarse con precisión por sucesivos procesos de case-equilibrio.
 
Por outro lado, se un proceso evoluíuevolucionou moi axiña e o sistema non estivo en equilibrio durante ningún instante durante a mudanza de estado, este é un proceso de non-equilibrio. Na termodinámica clásica a descrición destes procesos fica limitada ao que había antes e despois de restabelecido o equilibrio, sendo esta incapaz de especificar os estados intermediarios polos que pasou o sistema. Unha abordaxe máis eficiente destes procesos faise a través da [[termodinámica irreversible]].
 
A pesar da antiga convivencia do ser humano con manifestacións de calor e outras formas de enerxía, a termodinámica non emerxeu como unha ciencia ata cerca de [[1700]] cando as primeiras tentativas para construír unha máquina a vapor foron feitas na Inglaterra por [[Thomas Savery]] e [[Thomas Newcomen]]. Estas máquinas eran moi lentas e ineficientes, mais eles abriron o camiño para o desenvolvemento dunha nova ciencia. O termo termodinámica foi primeiramente utilizado nunha publicación de [[Lord Kelvin]] en [[1849]]. O primeiro texto de termodinámica foi escrito en [[1859]] por [[William Rankine]], un profesor da [[Universidade de Glasgow]] na [[Escocia]]. O gran progreso da termodinámica ocorreu no inicio dos anos de [[1900]], cando se expurgaron teorías erróneas, transformándose nunha ciencia madura.