Edward Gibbon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ dato desde en:wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 11:
 
Gibbon non gozou da atmosfera escolar e máis tarde describiu os catorce meses pasados alí como os menos proveitosos de toda a súa vida. O máis memorábel deste período foi a súa conversión ao [[Catolicismo]] o 8 de xuño de [[1753]]. ''"Desde a miña mocidade fun afeccionado á disputa relixiosa"'', escribiu máis tarde.
 
=== Estancia en Suíza ===
Pola súa conversión ao catolicismo foi expulsado de Oxford e o seu pai enviouno a [[Lausana]], [[Suíza]], baixo a titoría de M. Pavilliard, pastor [[calvinismo|calvinista]] e titor privado, onde permaneceu cinco anos, un tempo que tería un forte impacto no seu carácter e a súa vida posterior. Rapidamente [[apostasía|apostatou]] de novo e regresou ao [[Protestantismo]]. A súa estancia en Lausana enriqueceu a inmensa aptitude de Gibbon para o estudo e a erudición. Ademais coñeceu ao único amor da súa vida, a filla do pastor, unha rapaza chamada [[Suzanne Curchod]], que máis tarde sería a esposa de [[Jacques Necker]], o ministro de finanzas francés, e nai de [[Madame de Staël]]. Unha vez máis interveu o seu pai na súa vida, que lle negou o permiso para propoñer matrimonio á rapaza e esixiu o seu regreso a Inglaterra. Gibbon escribiría: "I sighed like a lover, I obeyed like a son."
 
=== Regreso ===
Ao seu regreso a Inglaterra Gibbon publicou o seu primeiro libro ''Essai sur l'Etude de la Littérature'' en [[1758]]. De [[1759]] a [[1763]] Gibbon pasou catro anos de servizo coa milicia de [[Hampshire]]. A finais de 1763 embarcou para un Grand Tour a Europa, que incluíu unha visita a [[Roma]]. Foi alí, en [[1764]], cando Gibbon concibiu por primeira vez a idea de escribir sobre a historia do Imperio romano.
 
En [[1772]] o seu pai morreu deixándolle o suficiente como para vivir desafogadamente en Londres. Empezou a escribir a súa historia en [[1773]] e o primeiro "quarto" da Decadencia e Ruína apareceu en 1776. A obra tivo moito éxito entre os intelectuais do seu tempo e provocou certa polémica coas autoridades eclesiásticas. Os últimos tomos da "Decadencia e caída do Imperio romano" apareceron en 1788. Traballou na súa autobiografía ata a súa morte, en 1794.
 
=== Enfermidade ===
Gibbon sufriu dunha afección, que agora se pensa que podería ser [[hidrocele|hydrocele testis]], de acordo co [[O manual de Merck|Manual de Merck]]. Produce a exsudación de fluído dos testículos en proporcións extraordinarias. Gibbon ideou moitos xeitos de retirar o fluído en anos posteriores, pero a situación empeorou e converteuse en algo máis doloroso e vergonzoso. O seu médico, que facía medicións, sacou unha vez máis dun litro de líquido da protuberancia.
 
Esta inflamación crónica causoulle unha incomodidade engadida nunha época en que a moda tendía aos calzóns axustados. Refírese indirectamente a isto nas súas memorias cando comenta: "podo recordar só catorce días verdadeiramente felices na miña vida" e "nunca estou contento senón cando escribo en soidade". A hixiene persoal durante o século dezaoito era como moito opcional. A humillación social que soportou como consecuencia da súa necesidade de hixiene e a súa protuberancia quedou rexistrada. Nunha época en que o valor do home era medido non soamente polo "corte dos seus calzóns" senón tamén pola súa equitación, Gibbon foi unha figura solitaria. Nun incidente axeonllouse ante unha dama da sociedade á que se ía declarar. Ela protestou, "Señor, por favor, levántese." Gibbon replicou: "Señora, non podo."
 
== ''Historia da decadencia e caída do Imperio romano'' ==
{{AP|Historia da decadencia e caída do Imperio romano}}
Liña 39 ⟶ 43:
 
O verdadeiro mérito de Gibbon, emporiso, non se centra nas súas teses decadentistas, senón en como aborda o estudo do período, en como manexa as fontes históricas, e en como non se conforma con recoller aquilo que cada unha destas relata, senón que o fía e contextualiza tratando de ofrecer unha imaxe global de cada período histórico. Así, o novidoso e valioso de Gibbon non son as súas teses políticas, morais ou relixiosas, que son as mesmas de [[Voltaire]] e de [[Montesquieu]], senón que soubo comprender o importante papel dos feitos na Historia, e soubo ordenalos e valoralos, realizando a primeira historia moderna: niso radica a súa importancia e a forza con que calou en toda a historiografía posterior.<ref>"Gibbon’s Contribution to historical Method", en: Historia, 1954, 458-460</ref>
 
== Valoración ==
[[Ficheiro:Blue Plaque - Edward Gibbon.jpg|thumb|Placa conmemorativa de Edward Gibbon en Bentinck Street, London.]]
Liña 48 ⟶ 53:
 
A historia de Gibbon sobre a Decadencia e Ruína do Imperio romano segue sendo unha obra de valor indiscutíbel, unha inspiración para os historiadores e, sobre todo, unha crítica brillante, sostida e extraordinariamente perspicaz da fraxilidade da condición humana. Emporiso, a tese decadentista que suscitou en canto ao "fin do imperio romano de occidente" está máis que desfasada e bastante superada pola historiografía actual. A Gibbon é importante telo en conta para comprender a evolución historiográfica sobre este tema, xa que foi un dos pioneiros na historiografía moderna, pero a súa proposta xa non é aceptada polos estudosos do tema.
 
== Influencia noutros autores ==
Os temas sobre os que escribiu Gibbon así como as súas ideas e o seu estilo influíron noutros autores, como é o caso de [[Isaac Asimov]], que usou a súa obra principal ''"The History of the Decline and Fall of the Roman Empire"'' como a súa guía ao escribir un dos contos que forman parte do libro ''"Fundación e Imperio"'' (Parte I: "O Xeneral"), dentro da famosa Triloxía da Fundación.
 
== Obra ==
* ''Essai sur l’étude de la littérature'' (1761).
Liña 56 ⟶ 63:
* ''Mémoire justificatif pour servir de réponse à l’exposé, &c de la cour de France'' (1779).
* ''Memoirs of My Life'' (1796)
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
==Véxase tamén==
=== Bibliografía ===
* {{cita libro |apelido=Gibbon |nome=Edward |ligazónautor= |título=[[Historia de la decadencia y caída del Imperio romano|Decadencia y caída del Imperio Romano]] |url= |dataacceso= |lingua= |outros=NuevaNova traduccióntradución completa en dosdous tomos a cargo de José Sánchez de León Menduiña, cartoné |edición= |año=2012 |editor= |editorial=[[Ediciones Atalanta]] |ubicación=Vilaür |isbn=978-84-939635-7-6 |serie = Colección Memoria Mundi |capítulo= |páxinas= |cita= }}
# {{cita libro |apelido= |nome= |ligazónautor= |título=Volumen I |url=http://issuu.com/atalantaweb/docs/65_-_gibbon_issuu?mode=embed&layout=http%3A%2F%2Fskin.issuu.com%2Fv%2Fcolor%2Flayout.xml&backgroundColor=000000&showFlipBtn=true&autoFlip=true&autoFlipTime=6000 |dataacceso= |lingua= |outros= |edición=Segunda |año= |editor= |editorial= |ubicación= |isbn=978-84-939635-0-7 |capítulo= |páxinas= |cita= }}
# {{cita libro |apelido= |nome= |ligazónautor= |título=Volumen II |url= |dataacceso= |lingua= |outros= |edición= |año= |editor= |editorial= |ubicación= |isbn=978-84-939635-6-9 |capítulo= |páxinas= |cita= }}
* {{cita libro |apelido=Gibbon |nome=Edward |ligazónautor= |título=Historia de la decadencia y caída del Imperio Romano |url= |dataacceso= |lingua= |outros=Edición íntegra en cuatrocatro volúmenesvolumes, traduccióntradución [[José Mor de Fuentes]] |edición= |año=2006 |editor= |editorial=Editorial Turner |ubicación=Madrid |isbn= |capítulo= |páxinas= |cita= }}
# {{cita libro |apelido= |nome= |ligazónautor= |título=Tomo I. Desde los Antoninos hasta Diocleciano; Desde la renuncia de Diocleciano a la conversión de Constantino |url= |dataacceso= |lingua= |outros= |edición= |año= |editor= |editorial= |ubicación= |isbn=978-84-7506-753-7 |capítulo= |páxinas= |cita= }}
# {{cita libro |apelido= |nome= |ligazónautor= |título=Tomo II. Desde Juliano hasta la partición del Imperio; Invasores bárbaros |url= |dataacceso= |lingua= |outros= |edición= |año= |editor= |editorial= |ubicación= |isbn=978-84-7506-754-4 |capítulo= |páxinas= |cita= }}
Liña 70 ⟶ 81:
{{Commonscat|Edward Gibbon}}
* [http://www.gutenberg.org/author/Edward+Gibbon Obras de Edward Gibbon no [[Proxecto Gutenberg]]]
== Notas ==
{{listaref}}
 
[[Categoría:Personalidades da historiografía]]