Souto (botánica): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 18:
 
Os castiñeiros dos soutos soen ser moi vellos, algúns milenarios, non de moita alzada, pero con [[tronco (árbore)|toros]] grosos, ás veces ocos, froito das múltiples podas, queimas e enxertos. Os toros córtanse a unha altura duns dous metros do chan, para o aproveitamento madeireiro, volven agromar e vanse de novo podando periodicamente.
A esta acción chámaselle '''[[Demouca|demoucar]]''', ''deboucar'' ou ''desmouchar'' os castiñeiros. Fórmase así unha árbore cun pé groso e baixo, de dous a catro metros de altura.
 
O [[castiñeiro]] foi unha árbore básica na sobrevivencia do pobo galego, principalmente para a alimentación, polo que os soutos foron esenciais na antigüidade.