Transdución de sinais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 22 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q828130
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 63:
Os receptores nucleares activados únense ao ADN nunhas secuencias denominadas "elementos que responden ao complexo hormonas específicas-receptor" (HRE), localizados na rexión [[promotor (bioloxía)|promotora]] dos xenes activados polo complexo hormona-receptor. Debido a que permiten a transcrición de determinados xenes, tamén se chaman indutores da [[expresión xénica]]. Todas as hormonas que actúan regulando a expresión xénica teñen dúas consecuencias no seu mecanismo de acción; os seus efectos prodúcense despois dun período de tempo caracteristicamente longo e os seus efectos persisten durante períodos tamén longos, mesmo despois de que a concentración da hormona xa caeu a cero, debido á relativamente lenta reciclaxe da maioría dos encimas e proteínas que desactivarían ou acabarían coa unión entre o ligando e o seu receptor.
 
A transdución de sinais por medio destes receptores implica a poucas proteínas, pero os detalles da [[regulación xénica]] por este método non se coñecen ben. Os receptores nucleares teñen dominios de unión ao ADN que conteñen [[dedo de cinc|dedos de cinc]] e un dominio de unión ao ligando; os dedos de cinc estabilizan a unión ao ADN ao agarrar o seu esqueleto fosfatado. As secuencias do ADN que coinciden estruturalmente coas do receptor son xeralmente repeticións hexaméricas de diversos tipos, que se diferencian na súa orientación e na distancia entre elas. O dominio de unión ao ligando é ademais responsable da [[dímero|dimerización]] dos receptores nucleares antes da unión e proporciona estruturas para a [[transactivación]] utilizadas para a comunicación co aparato [[tradución (proteínas)|traducional]].
 
Os [[receptor de esteroides|receptores de esteroides]] son unha subclase de recepotores nucleares localizados fundamentalmente no [[citosol]] (despois van ao núcleo). En ausencia de esteroides adhírense uns a outros formando un complexo aporreceptor que contén unha [[chaperona]] ou unha [[proteína de choque térmico]] (HSP). Estas últimas son necesarias para activar o receptor axudando á proteína a pregarse de modo que a secuencia sinal que permite o seu paso ao núcleo quede accesible. Os receptores esteroides, por outra parte, poden reprimir a expresión xénica cando o seu dominio de transactivación está agochado; a actividade pode ser amplificada por [[fosforilación]] de residuos de [[serina]] no extremo [[N-terminal]] como resultado da activación doutra vía de transdución de sinais, que interfire con ela.