Sistema inmunitario adaptativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 83:
As células B son as principais células implicadas na creación de [[anticorpo]]s que circulan no [[plasma sanguíneo]] e [[linfa]], o que se denomina [[inmunidade humoral]]. Os anticorpos (tamén chamados inmunoglobulinas, Ig), son grandes proteínas con forma de Y utilizadas polo sistema inmunitario para identificar e neutralizar obxectos estraños. En mamíferos hai cinco tipos de anticorpos: [[IgA]], [[IgD]], [[IgE]], [[IgG]], e [[IgM]], con diferentes propiedades biolóxicas, cada un dos cales evolucionou para atacar a diferentes tipos de antíxenos. Despois da súa activación, as células B producen anticorpos, cada un dos cales recoñece un único antíxeno, e neutraliza patóxenos específicos.<ref name=Janeway/>
 
As células B presentan na súa superficie uncopias dun [[receptor de células B]] (BCR), que é un anticorpo inmobilizado na membrana. Todos os BCR dun determinado clon de células B recoñécense e únense a só un particular antíxeno particular. Unha diferenza fundamental entre as células B e as T é como cada célula "percibe" o antíxeno. As células T recoñecen o seu antíxeno afín en forma procesada (como un fragmento de péptido no contexto dunha molécula MHC á que está unido),<ref name=Janeway/> mentres que as células B recoñecen os antíxenos na súa forma nativa.<ref name=Janeway/> Unha vez que unha célula B encontra o seu antíxeno afín ou específico (e recibe sinais adicionais dunha [[célula T axudante]], predominantemente do tipo Th2), seguidamente se [[diferenciación celular|diferencia]] nunha célula efectora, chamada [[célula plasmática]].<ref name=Janeway/>
 
As células plasmáticas son células de vida curta (2–3 días) que segregan anticorpos. Estes anticorpos únense aos antíxenos, facendo que estes sexan unh diana máis fácil para os [[fagocito]]s, e desencadean a [[sistema do complemento|cascada do complemento]].<ref name=Janeway/> Aproximadamente o 10% das células plasmáticas sobreviven para converterse en células B de memoria específicas de antíxeno e de vida longa.<ref name=Janeway/> Estas células están xa cebadas para producir anticorpos específicos, e poden ser chamadas para responder rapidamente se o mesmo patóxeno reinfecta ao hóspede; de tal xeito que o hóspede sofre poucos ou nigún síntoma de infección.