Septimio Severo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10:
Unha vez resolta a cuestión de Oriente, volveu a Roma e Clodio Albino xa estaba a facer movementos para unha nova guerra, xa que supoñía que Septimio non quedaría sen se mover para volver de novo á unidade do Imperio. O encontro das dúas forzas foi preto da actual [[Lión|Lyon]], e de novo Septimio Severo foi o vencedor, vitoria que outra vez o levaría a unha matanza entre os partidarios de Clodio e confiscacións dos seus bens.
 
[[Ficheiro:Septimius Severus - Cologne.jpg|miniatura|esquerda|225px|Cabeza de Septimio Severo conservada no Cologne, Römisch-Germanisches Museum.]]
 
O 2 de Xuñoxuño do [[197]], Septimio entra de novo en Roma, e no seu primeiro discurso promete desenmascarar os senadores partidarios de Clodio Albino, rehabilitar a [[Cómodo]] do que se nomea irmán e dar garantías de continuidade á dinastía Severa, asociando ao trono aos seus fillos [[Xeta]] e [[Caracalla]]. Foron asasinados 41 senadores e os seus bens confiscados. A continuación deu festas ao pobo, aumentoulle a paga aos soldados, permitíndolles vivir coas súas mulleres nos campamentos e nomeou a '''C. Fulvio Plautiano''' prefecto dos pretorianos. Logo marchou de novo cara a Oriente para castigar aos partidarios de Pescenio Níxer e reconquistar as terras perdidas. Pacificou a [[xudeus]] e [[samaritanos]], o rei de [[Armenia]] suplicou a amizade de Roma, conquistou [[Seléucida]], [[Ctesifonte]] e [[Babilonia]] e firmou a paz cos [[partos]]. Con estas vitorias, conseguiu que o seu fillo [[Xeta]] fose nomeado [[César (título)|César]] e Caracalla recoñecido como ''augustus''.
 
Na súa viaxe de volta a Roma, Septimio visitou Siria e máis Exipto, pasando o inverno en [[Antioquía]], reparando as vías de comunicación que unían esta provincia co [[Danubio]]. Celebra en Roma os dez anos de goberno. No [[203]]-[[204]] visita África. Embeleceu Leptis Magna, a súa cidade natal, con grandes obras públicas e edificios, mellorou a agricultura da zona e por vez primeira permitiu os africanos nas cohortes pretorianas. Volta a Roma no 204, prodúcese o asasinato de [[Plautiano]] no pazo imperial, ao parecer por Caracalla e en presenza do emperador, grande inimigo da dona de Emperador, [[Xulia Domna]], que a partir de entón, comeza a súa influencia na política romana. Ata entón, dedicárase á filosofía, rodeándose especialmente de [[sofista]]s e o seu máis grande colaborador foi [[Emilio Papiniano]], o derradeiro grande xurista do período clásico.