Direccionalidade (bioloxía molecular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 13 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1995607
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 22:
Os biólogos poden utilizar [[nucleótido]]s que carecen do grupo 3'-OH (chamados didesoxirribonucleótidos) para interromper a [[replicación do ADN]]. Esta técnica coñécese como o método de terminación da cadea didesoxi ou método de Sanger, e utilízase na [[secuenciación do ADN]].
 
O extremo 3' dun ARNm nacente é o sitio onde se produce a [[poliadenilación]] postranscricional, na cal se engade unha cola de 50 a 250 residuos de [[adenosina]] durante a maduración do ARNm eucariótico. Esta cadea axuda a determinar a duración da vida do ARN na célula, o que afecta á cantidade de proteína que se traduce a partir del.
 
A rexión que flanquea ao xene en dirección 3' non se traduce. Antes pensábase que esta rexión non se transcribía en absoluto, pero descubriuse que se transcribe a ARN pero rapidamente se elimina durante o procesamento do transcrito primario para formar o ARNm maduro. Esta rexión a miúdo contén secuencias que afectan á formación final do extremo 3' e pode conter amplificadores (''enhancers'') e sitios de unión de proteínas.