Retrovirus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 62:
A transcrición ten lugar do ADN ao ARN, pero a reversotranscrición transcribe ARN a ADN. O prefixo "retro" en retrovirus refírese a esta inversión do fluxo xenético do [[dogma central da bioloxía molecular]]. A actividade de reversotrinscritase, ademais de nos retrovirus, foi atopada tamén nas células [[célula eucariota|eucariota]]s, nas que permite a xeración e inserción de novas copias de [[retrotransposón]]s no xenoma do [[hóspede]].
 
Cando o retrovirus inserta o seu xenoma no da célula hóspede, este transcríbese e orixina ARNmARNms que saen ao [[citosol]], onde son traducidos ás proteínas necesarias para formar os novos virus. É importante notar que un retrovirus debe traer con el a súa propia transcritase inversa dentro da súa cápsida, xa que non pode utilizar os encimas das células infectadas.
 
As drogas terapéuticas denominadas inhibidores da protease e da reversotranscritase teñen como dianas sitios e secuencias específicos nos seus respectivos encimas. Porén, estas drogas poden perder rapidamente a súa efectividade debido a que as secuencias xénicas que codifican para a protease e a reversoptranscritase mutan rapidamente. Estes cambios de bases orixinan [[codón]]s e sitios específicos nos encimas, que cambian, e, por tanto, evitan ser as dianas das drogas ao perderen os sitios que as drogas utilizan para unirse a eles.