Illote de Langerhans: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 178:
}}</ref>
 
Outra fonte potencial de [[célula beta|células beta]] poden ser os [[xenotransplante]]s (procedente doutras especies, como o porco). A insulina humana e a porcina só difiren nun [[aminoácido]], e era esta insulina de porco a que se usaba no tratamento antes de que aparecese a insulina recombinante obtida por [[enxeñaría xenética]]. Pero o principal problema é que as características inmunolóxicas dos tecidos doutras especies poden diferir moito das humanas. Estase investigando no desenvolvemento de porcos modificados xeneticamente que non expresan nas súas ceulas as moléculas con maior inmunoxenicidade. Tamén hai un risco de transmisión de [[retrovirus]] endóxenos porcinos.
 
Outra vía de investigación é a encapsulación dos illotes xenotransplantados por medio de diversas técnicas, que quedarían así ''inmunoillados'' e non accesibles ao noso sistema inmunitario.