Crecente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 19 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1627605
Liña 97:
O pazo da Fraga, en Albeos, e o pazo de Barreiro, en Vilar, son de orixe medieval.
 
O [[románico]] tivo implantación na zona, como se ve no [[mosteiro de San Paio de Albeos]], adicado a [[Paio (mártir)|San Paio]], santo orixinario deste concello. A igrexa de Crecente, antiga colexiata, foi construída sobre as ruínas do [[mosteiro de San Pedro de Crecente|mosteiro templario de San Pedro]], construído no século XIV.
 
O [[castelo de Fornelos]] ten a súa orixe nunha torre romana que vixiaba a calzada romana de Crecente e logo ficou en ruínas ata a súa reconstrución durante as guerras de creación de Portugal, entre [[Afonso VII]] e [[Afonso Henriques]]. Na actualidade consérvase a [[torre da homenaxe]] (nela o nobre [[Pedro Madruga]] mantivo encarcerado ao [[diocese de Tui|bispo de Tui]] [[Diego de Muros I|Diego de Murosno]] século XV) aínda que tiña tamén muralla e varias dependencias anexas, tivo uso ata a Guerra de Restauración ou Guerra de Independencia de Portugal do dominio español.