Felicidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: tt:Бәхет
Lameiro (conversa | contribucións)
outros artigos
Liña 40:
Posto que a felicidade pode chegar como o '''resultado de algo planificado''', da '''amabilidade de outros''', ou de situacións que parecen positivas se se pensa sobre elas, é dicir, ó se conseguir o que un desexaría (por planearse con anterioridade ou por reflexión a posteriori), a pregunta transcendental que toda persoa se pode facer é: '''Que é o que un quere facer coa súa vida?''' A cuestión sobre cal é a mellor forma de vida constitúe un dos temas fundamentais da '''[[ética]]'''.
 
== '''Visións filosóficas e relixiosas''' ==
 
Os filósofos da antigüidade consideraban que a felicidade, antes cá '''sabedoría''' ou a '''verdade''', era o fin último da [[filosofía]]. Santo Agostiño escribiu "Nulla est homini causa philosophandi nisi ut beatus sit" ('O home non ten razón para estudar filosofía senón é para ser feliz'). Como concepto filosófico, a felicidade é unha das nocións máis difíciles de definir por ser, segundo Kant, un estado empírico sometido ó '''azar da fortuna''' e ós cambios imprevisibles do '''humor'''.
Liña 72:
Na investigación da felicidade déronse basicamente tres actitudes con relación ó tema ó longo da historia: a pesimista, a optimista e a que a pon en cuestión.
 
==== '''A actitude pesimista''' ====
 
A procura da felicidade ten un punto de partida bastante pesimista: en principio quérese a felicidade que non se ten ou téntase fuxir do que nos enoxa. Non é de estrañar que a felicidade sexa identificada coa idea da perfección, atributo de Deus. Por conseguinte a felicidade non existe máis que baixo a forma dun fin ideal e inaccesible. Para os que cren en Deus, en última instancia a verdadeira felicidade non existe máis que baixo a idea dunha promesa. A felicidade non é humana, pertence a un ser perfecto ou á parte divina do noso ser, que non pode ser satisfeita con realidades continxentes e ilusorias. O desexo do home será ser feliz pero isto só é atinguible por algo distinto do ser humano, polos sabios sobrehumanos para os estoicos ou pola alma inmortal para algunhas relixións. A filosofía da desesperación de moitas seitas ven na morte, e en particular, no suicidio unha maneira de conseguir a felicidade.
 
==== '''A actitude optimista''' ====
 
Hai filosofías máis optimistas. Para Epicuro a felicidade encóntrase nos praceres simples e na fuxida dos sufrimentos. Dado que as accións humanas entrañan a miúdo praceres e sufrimentos, a filosofía epicúrea propúxose entre as súas tarefas a investigación dos praceres e dos comportamentos que favorecían o equilibrio psíquico e corporal.
 
==== '''A actitude dubitativa''' ====
 
Hai filósofos que poñen en causa o mesmo principio da felicidade. O razoamento é este. Os moralistas estiman que os homes cren a súa propia desgraza, pero en realidade o que buscan é o que coidan que é beneficioso ou dá proveito. Procuran honores, riquezas, poder, pracer. Se un se atén ós comportamentos reais dos homes, constátase que os homes non buscan a felicidade senón o poder e a forza. Esta busca pode ser cruel e sanguinaria; tamen pode ser espiritual e ética: a procura do saber, a creación artística, a busca relixiosa. Dito de maneira breve, esta é a busca da alta cultura que esixe grandes sacrificios e que non sempre é compatible coa felicidade. Pásase así da felicidade como falso problema ó problema do destino, que se pode concibir dende un punto de vista natural ou sobrenatural. Esta é a tese sostida por Kant. Para el a felicidade existe pero secundariamente, non como recompensa. Tamén é a posición adoptada por Nietzche , para quen a felicidade non é consecuencia da forza e da súa mestría espiritual. A felicidade, xa que logo, non sería unha meta que houbese que perseguir.
 
== '''Visións psicolóxicas''' ==
 
'''''[En construción]'''''
 
=== '''Psicoloxía positiva''' ===
[[Martin Seligman]] no seu libro ''Authentic Happiness'' ('A felicidade auténtica') define a felicidade como consistente tanto en emocións positivas como en actividades positivas. Presenta tres categorías de emocións positivas:
 
Liña 145:
* aumentar o coñecemento, ler e aprender novas cousas
 
== Véxase tamén==
== Ligazóns externas ==
===Outros artigos===
* [[Día Internacional da Felicidade]]
== =Ligazóns externas ===
{{Commons|:Category:Smile}}