Illa de Toralla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 39:
As [[aves]] mariñas teñen unha grande importancia sendo unha illa e malia estar moi urbanizada, [[gaivota]]s (nomeadamente a especie [[Gaivota patiamarela|patiamarela]] tan abundante na ría), [[Corvo mariño|corvos mariños]] principalmente. No ano 1977 soltáronse na illa dúas parellas de [[Pombo torcaz|pombos torcaces]]. Actualmente a colonia desta ave supera os 200 exemplares e é, probabelmente, unha das maiores de toda Galiza. Aniñan e crían na illa dende entón e dado o seu carácter sedentario o seu número seguirá medrando.
 
Na illa soen morar parellas de [[pega]]s, tres de [[corvo]]s, entre seis e oito de [[merlo]] común, un bo número de [[Pardal común|pardais]] e, tamén [[xílgaro]]s, [[Pimpín común|pimpín]]s, [[paporroibo]]s, [[ferreiriño]]s e outros. Contan, para o seu sustento, con abundancia de insectos, larvas, [[Miñoca|lombriga]]s, sementes, [[baga]]s etc., ademais de auga doce, con varios bebedoiros e un pequeno estanque, que se construíron para eles.
 
Merece especial mención a enorme colonia de [[estorniño]]s, con bandadas de centos de exemplares.