Áster (bioloxía celular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
A función dos microtúbulos astrais é axudada por [[proteína]]s [[dineína]]s específicas. Estas dineínas teñen as súas cadeas lixeiras (porción estática) unidas á membrana celular, e as súas partes globulares (porcións dinámicas) unidas aos microtúbulos. As cadeas globulares intentan moverse cara ao centrosoma, pero, como están unidas á membrana celular, isto ten como resultado que empurran os centrosomas cara á membrana, axudando así á [[citocinese]].<ref name=Alberts/>
 
Os microtúbulos astrais non se requiren para a progresión da mitose, pero son necesarios para asegurar a fidelidade do proceso. A función dos microtúbulos astrais pode en xeral ser considerada como a determinationdeterminación da xeometría celular. Requírense para o correcto posicionamento e orientación do aparato do fuso mitótico. Tamén están implicados na determinación do sitio da división celular baseado na xeometría e polaridade da célula.
 
O mantemento dos microtúbulos astrais depende da integridade do centrosoma. Tamén depende de varias proteínas asociadas aos microtúbulos como [[MAPRE1|EB1]] e [[APC (proteína)|APC]].