Cartilaxe de Meckel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 14:
A cartilaxe de Meckel é unha peza cartilaxinosa a partir da cal evolucionaron as mandíbulas dos [[vertebrado]]s. Orixinalmente esta cartilaxe era a cartilaxe inferior das dúas que sostiñan o primeiro arco branquial nos primeiros peixes. Despois, fíxose máis longa e forte e nela inseríronse os músculos necesarios para pechar a mandíbula que se estaba desenvolvendo. <ref name="PalaeosMeckelian">[http://www.palaeos.com/Vertebrates/Bones/Gill_Arches/Meckelian.html The Gill Arches: Meckel's Cartilage] at [[Palaeos]]</ref>
 
Nos primeiros peixes e nos [[Condrictios]] (peixes cartilaxinosos como as [[quenlla]]s e as [[Raiformes|raia]]s, que non son peixes primitivos senón evolucionados), a cartilaxe de Meckel segue sendo o principal compoñente da mandíbula. Pero nas formas adultas dos [[Osteíctios]] (peixes óseos) e nos seus descendentes [[tetrápodo]]s ([[anfibio]]s, [[réptil]]es, [[aves]], e [[mamífero]]), a [[cartilaxe]] queda cuberta de [[tecido óseo]], aínda que nos seus embrións a mandíbula se desenvolve tamén a partir desta cartilaxe. En case todos os tetrápodos a cartilaxe osifícase parcialmente na súa parte posterior orixinando o óso [[articular]], que forma parte da articulación da mandíbula, pero nos mamíferos esa parte dá lugar ao martelo, polo que non ten funcións articulares. <ref name="PalaeosMeckelian" />
 
==Notas==