Illa de Toralla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Fungos: arranxiño
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 37:
===Fauna===
====Aves====
As [[aveaves]]s mariñas teñen unha grande importancia sendo unha illa e malia estar moi urbanizada, [[gaivota]]s (nomeadamente a especie [[Gaivota patiamarela|patiamarela]] tan abundante na ría), [[Corvo mariño|corvos mariños]] principalmente. No ano 1977 soltáronse na illa dúas parellas de [[Pombo torcaz|pombos torcaces]]. Actualmente a colonia desta ave supera os 200 exemplares e é, probabelmente, unha das maiores de toda Galiza. Aniñan e crían na illa dende entón e dado o seu carácter sedentario o seu número seguirá medrando.
 
Na illa soen morar parellas de [[pega]]s, tres de [[corvo]]s, entre seis e oito de [[merlo]] común, un bo número de [[Pardal común|pardais]] e, tamén [[xílgaro]]s, [[Pimpín común|pimpín]]s, [[paporroibo]]s, [[ferreiriño]]s e outros. Contan, para o seu sustento, con abundancia de insectos, larvas, [[lombriga]]s, sementes, [[baga]]s etc., ademais de auga doce, con varios bebedoiros e un pequeno estanque, que se construíron para eles.
 
Merece especial mención a enorme colonia de [[estorniño]]s, con bandadas de centos de exemplares.
 
====Mamíferos====
Dende hai anos e de forma permanente existe na illa unha pequena colonia de [[esquío]]s. Descoñécese como chegou á illa, aínda que se supón que proceden do antigo terreo de Mirambell, situada ao outro lado da ponte. O seu número rara vez excede de tres parellas, a pesar de que crían na illa, debido probablemente a que autorregulan a súa poboación en función da extensión do territorio, e da comida que dispoñen neste. Aliméntanse, maioritariamente, das abundantes [[piña]]s que fornecen os [[piñeiro]]s.