Marsilio Ficino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxos de formato
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{En uso}}
'''Marsilio Ficino''', nado en [[Figline Valdarno]] (preto de Florencia) o [[19 de outubro]] de [[1433]] e finado en [[Florencia - Firenze|Florencia]] o [[1 de outubro]] de [[1499]], foi un filósofo e humanista italiano.
 
==Vida==
Era fillo de [[Diotifece]], médico famoso, cirurxián dos Médici. O seu nome «Ficino» vén probablemente da abreviación do nome do pai. Usouno por primeira vez no [[1456]]. Do [[1448]] ao [[1451]] estudou mediciña na Universidade de Pisa en [[Florencia]] pois o seu pai quería que tivese a súa mesma profesión. Non obstante, aínda que Marsilio publicou algunhas obras de mediciña (como De triplice vita libri tres e Epidemiarum antidotus) non seguiu esa carreira. Interesouse pola filosofía neoplatónica grazas á influencia de personaxes como [[Jorge Gemisto Pletón]] e [[Basilio Bessarión]]. No [[1459]] funda a Academia platónica florentina con Cosme de Médici e dedícase con intensidade a aprender o grego.
Traduciu do grego ao latín os diálogos de Platón ([[1484]]), Plotino ([[1492)]], o Corpus Hermeticum ([[1471]]) e algúns tratados e cartas escritos por un monxe descoñecido do século V, o Pseudo Dionisio Areopagita. Escribiu á parte dun enorme epistolario un famoso Comentario ao Banquete de [[Platón]] e a Teoloxía Platónica. Aspiraba a unha fusión de platonismo e hermetismo co cristianismo, e no De Vita chegou a ter problemas coa Inquisición polas súas afirmacións que podían entenderse como un retorno ao paganismo e como favorecendo a determinación astrolóxica (cousa que nunca fixo, en realidade, xa que o seu emprego da astroloxía era só para "harmonizar" a vida cos ceos). Asumiu a teoría das emanacións divinas, propia do neoplatonismo
 
==Traxectoria==