Dalia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
}}'''
 
A '''dalia''' é unha [[planta ornamental]] pertencente ao [[Xénero (bioloxía)|xénero]] '''''Dahlia''''', un xénero [[botánica|botánico]] pertencente á [[familia (bioloxía)|familia]] [[Asteraceae]]. De [[raíz tuberosa]], cultívase polas súas flores vistosas. É común na [[xardinaxe]] galega.
 
== Etimoloxía ==
Liña 36:
É orixinaria do [[México]], onde é moi popular. Os indios precolombianos daquela rexión foron os primeiros a cultivar dalias, aínda no período do [[Azteca|imperio Azteca]]. Contra o final do [[século XVIII]], o director do [[Xardín Botánico de Madrid]] encantouse coa flor durante unha visita a México. Foi de abondo para que a dalia atravesase o océano e chegase a [[Europa]], onde se adaptou moi ben ao [[clima temperado]].
 
Foi o botánico [[Suecia|sueco]] [[A. Dahl]], responsábel da expansión das dalias pola rexión nórdica de Europa, que inspirou o nome da flor. Os [[HolandaPaíses Baixos - Nederland|holandeses]] e os [[Francia|franceses]] foron os maiores incentivadores do cultivo e da produción de innumerábeis especies híbridas de dalias. Foi a inmigración holandesa a que contribuíu moito á propagación desta flor no [[Brasil]].
 
Hoxe, grazas ao xurdimento de varios híbridos, podemos encontrar diversos tipos de dalias, o que resulta nunha gran variedade de formas (pompón, bóla, decorativa etc.) e cores (branca, alaranxada, vermella, amarela, ''pink''). Son máis de 3.000 variedades resultantes de cruzamentos con outras especies, coma os [[crisantemo]]s, por exemplo.