Thurston Moore: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m Recategorizar
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 37:
 
=== Traballo en solitario ===
Á parte do seu traballo en [[Sonic Youth]], Moore tamén editou álbums en solitario, o primeiro deles titulado ''[[Psychic Hearts]]'' e lanzado no ano [[1995]]. Colaborou ademais con varios artistas como My Cat is an Alien, DJ Spooky, Nels Cline, William Hooker, Christian Marclay, Loren Mazzacane Connors, [[R.E.M.]], Cock E.S.P., e Mike Watt. A mediados dos 90 Moore formou un proxecto paralelo, The Dim Stars, coa lenda do punk Richard Hell. Dende o [[2004]], Moore gravoigravou e actuou coa banda de noise To Live and Shave in L.A., que tiña a [[Andrew W.K.]] na súa formación. Gravou coa banda no antigo estudio de [[Sonic Youth]] en Manhattan, e posteriormente actuou con eles no concerto ''Noise Against Fascism'' contra Bush, en Washington, D.C.
 
No [[2004]] a revista ''[[Rolling Stone]]'' clasificou a Moore e a [[Lee Ranaldo]], tamén de [[Sonic Youth]], como os 33 e 34 mellores guitarristas de todos os tempos. A súa forma de tocar é moi innovadora e ambolosdous usan unha grande variedade de técnicas.
 
Á parte do seu traballo como músico Moore leva o selo independente [[Ecstatic Peace!]] e colabora na revista musical Arthur Magazine. Tamén se encarga da web [http://www.protest-records.com Protest Records], chamada así porque denuncia as leis de piratería na música. En maio do [[2005]] editou o libro ''Mix Tape: The Art of Cassette Culture''.
 
O [[18 de setembro]] do [[2007]] Moore editou o seu segundo álbum en solitario, ''[[Trees Outside the Academy]]'', atravésa través do seu propio selo [[Ecstatic Peace!]]. O traballo foi gravado no estudio do líder de [[Dinosaur Jr.]] [[J Mascis]] en [[Amherst, [[Massachusetts]].
 
En maio do ano [[2011]] publicouse o seu terceiro álbum en solitario, ''[[Demolished Thoughts]]'', que foi producido por [[Beck]] e editado a través do selo [[Matador Records]].