Grupo de diferenciación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
Os '''grupos de diferenciación''', abreviados como '''CD''' (do inglés ''Cluster of Differentiation'') e moitas veces denominados '''''clusters'' de diferenciación''', '''cúmulos de diferenciación''', '''''clusters'' de designación''' ou '''''clusters'' de determinantes''' e tamén '''antíxenos de diferenciación''' ou '''antíxenos CD''' son moléculas que se encontran na superficie celular de [[leucocito]]s e outras células, que funcionan como marcadores [[antíxeno|antixénicos]] recoñecidos por certos [[anticorpo]]s ([[anticorpo monoclonal|anticorpos monoclonais]]), que serven para identificar o tipo de célula, e o seu estado de diferenciación ou de actividade, xa que algúns son característicos de determinadas células ou estados.
 
Os CD utilízanse como un protocolo para a identificación e investigación das moléculas da superficie celular por medio do inmunofenotipado (inmunofenotipificación) de células. Por exemplo, durante a maduración e diferenciación dos linfocitos inmaduros, van aparecendo secuencialmente na superficie destes unha serie de receptores inmunitarios conforme progresa a maduración e diferenciación, de modo que aparecen uns, despois algúns desaparecen, outros mantéñense, aparecen outros novos. Estes marcadores danlle aos linfocitos compoñentes fenotípicas únicas do estado en que se encontran. Ademais de nos leucocitos, aparecen tamén noutras células, como en células hematopoiéticas (sanguíneas).