Abrir o menú principal

Cambios

m
 
=== Forzas en oposición ===
O [[Exército Vermello]] entrou nas rexións leste de [[Polonia]] con sete exércitos terrestres, que contabilizaban entre 450.000 e 1.000.000 de soldados, divididos en dúas frontes. O komandarm de 2º rango [[Mikhail Kovalyov]] lideraba a invasión na fronte bielorrusa, mentres que o komandarm de 1º rango [[Semyon Timoshenko]] comandaba a invasión da fronte ucraína. En total os soviéticos estaban despregando non menos de 25 divisións de infantería, 16 de cabaleiría e 12 brigadas de carros de combate. O número de carros superaba á suma de carros e vehículos blindados de Polonia e Alemaña, cuns 3.700 carros de combate e 380 auto-metralladoras. Por aire os soviéticos contaban cuns 2.000 avións de combate, sendo un 60% deses avións cazas [[Polikarpov I-16|I-16]] e [[Polikarpov I-15|I-152bis]]. Os bombardeiros medios, como o [[Tupolev SB|SB-2]] supoñían outro 30%.
 
En virtude do [[plan Zachód]] de defensa polaco, [[Polonia]] asumía que a [[Unión Soviética]] manteríase neutral durante un conflito con [[Alemaña]]. Como resultado, os comandantes polacos despregarn a meirande parte das súas tropas no oeste, para encarar a invasión xermana. Nese tempo, non máis de 20 batallóns debilitados, formados por uns 20.000 homes dos Korpus Ochrony Pogranicza (corpos de protección de fronteiras), defendían as fronteiras do leste. A meirande parte desas tropas eran infantería lixeira on escaso apoio artilleiro. Cando o [[Exército Vermello]] invadíu Polonia o [[17 de setembro]], o exército polaco estaba no medio dunha retirada cara a cabeza de ponte romanesa para reagruparse e agardar a axuda francesa e británica.
 
=== Campaña militar ===
60.611

edicións