Invasión soviética de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 84:
 
O goberno polaco rexeitou renderse ou negociar a paz e ordenou a todas as unidades evacuar Polonia e reorganizarse en [[Francia]]. O día despois de que a invasión soviética comezase, o goberno polaco marchou a [[Romanía]]. As unidades polacas procederon a manobrar cara a zona da [[cabeza de ponte romanesa]], aguantando os ataques alemáns dun flanco e enfrontándose ocasionalmente coas tropas soviéticas no outro. Nos días seguintes á orde de evacuación, os alemáns derrotaron aos exércitos Kraków e Lublin ba [[batalla de Tomaszów Lubelski]].
 
Unidades soviéticas a miúdo atopábanse con unidades alemás avanzando dende a dirección contraria. Ocorreron destacados exemplos de cooperación entre os dous exércitos. A Wehrmacht pasoulle a fortaleza de Brest Fortress, que fora tomada despois da [[batalla de Brześć Litewski]] do [[17 de setembro]], á 29ª brigada de carros de combate soviética. O xeneral alemán [[Heinz Guderian]] e o brigadier soviético [[Semyon Krivoshein]] realizaron un desfile conxunto o día 22 na cidade. [[Lwów]] rendeuse o [[22 de setembro]], días despois de que os alemáns entregaran as operacións de asedio aos soviéticos. Forzas soviéticas tomaron [[Wilno]] o [[19 de setembro]] despois dunha batalla de dous días, e tomaron [[Grodno]] o [[24 de setembro]] despois de loitar durante catro días. Cara o [[28 de setembro]], o [[Exército Vermello]] alcanzara a liña formada polos ríos Narew, Western Bug, Vistula e San, a fronteira acordada anteriormente cos alemáns.
 
[[Categoría:Guerras]]