Invasión soviética de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 75:
 
=== Forzas en oposición ===
O [[Exército Vermello]] entrou nas rexións leste de [[Polonia]] con sete exércitos terrestres, que contabilizaban entre 450.000 e 1.000.000 de soldados, divididos en dúas frontes. O komandarm de 2º rango [[Mikhail Kovalyov]] lideraba a invasión na fronte bielorrusa, mentres que o komandarm de 1º rango [[Semyon Timoshenko]] comandaba a invasión da fronte ucraína.
 
En virtude do [[plan Zachód]] de defensa polaco, [[Polonia]] asumía que a [[Unión Soviética]] manteríase neutral durante un conflito con [[Alemaña]]. Como resultado, os comandantes polacos despregarn a meirande parte das súas tropas no oeste, para encarar a invasión xermana. Nese tempo, non máis de 20 batallóns debilitados, formados por uns 20.000 homes dos Korpus Ochrony Pogranicza (corpos de protección de fronteiras), defendían as fronteiras do leste. Cando o [[Exército Vermello]] invadíu Polonia o [[17 de setembro]], o exército polaco estaba no medio dunha retirada cara a cabeza de ponte romanesa para reagruparse e agardar a axuda francesa e británica.
 
[[Categoría:Guerras]]