Queixo de Arzúa-Ulloa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Xoacas moveu a páxina "Ulloa (queixo)" a "Queixo de Arzúa-Ulloa" sobre unha redirección
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
O [[leite]] utilizado nos queixos de Arzúa-Ulloa é exclusivamente o de [[vaca]]. O contido en [[graxa]] varía entre 3,8 e 5,0%.
 
A súa carapa é extremadamente elástica e dunha cor amarela esluída. As pezas teñen forma lenticular biconvexa (de gran lentella con beiradas grosas). Ás veces presentan formas de casquete esférico case regular, cunha tendencia á forma clásica do [[queixo de [[tetilla]], pero sen presentar a prominencia superior característica deste último. O tamaño máis corrente nos queixos de Arzúa-Ulloa é de 18 a 20 centímetros de diámetro e uns 6 a 8 centímetros de altura e os pesos varían de 500 a 2.000 gramos, e son moi excepcionais os que sobrepasan este peso máximo.
 
A pasta é branda e sen ollos, aínda que poden ter pequenos e escasos buratos debidos ás fermentacións e á falta de presión durante o moldeado. Isto considérase unha pexa. A súa consistencia mol no momento óptimo chega ás veces a ser cremosa, estendéndose no prato.