Invasión soviética de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Ampío de en.wiki
Liña 41:
=== Antecedentes históricos ===
O resultado da conferencia de paz de París fixo pouco para diminuír as ambicións territoriais das partes na rexión. [[Józef Piłsudski]] tratou de ampliar os límites de [[Polonia]] cara o leste como un intento de crear unha federación liderada polo país para contrarrestar calquera posible intención imperialista por parte de [[Rusia]] ou [[Alemaña]]. Ao mesmo tempo, os bolxeviques comezaron a gañar vantaxe na [[Guerra Civil Rusa]] e comezaron a avanzar cara o oeste, cara os territorios en disputa coa intención de aistir a outros movementos comunistas no leste de [[Europa]]. As escaramuzas fronteirizas de [[1919]] deron paso á [[Guerra polaco-soviética]] de [[1920]]. Despois da vitoria polaca na [[batalla de Varsovia]], os soviéticos pedirn a paz e a guerra rematou cun armisticio en outubro de 1920. As partes asinaron un tratado formal de paz, a [[paz de Riga]], o [[18 de marzo]] de [[1921]], dividindo os territorios disputados entre [[Polonia]] e a [[Unión Soviética]]. Nunha acción que en gran parte determinou a fronteira entre os dous países durante o período de entreguerras, os soviéticos ofreceron á delegación de paz polaca concesións territoriais nas áreas limítrofes en disputa, que se asemellaban moito á fronteira entre o [[Imperio Ruso]] e a [[República das dúas nacións]] antes da primeira partición de [[1772]]. A raíz do acordo de paz, os líderes soviéticos abandonaron en gran medida a causa da revolución interacional e non retomaron o concepto ata pasados uns 20 anos.
 
=== Negociación do tratado ===
A mediados de marzo de [[1939]], a [[Unión Soviética]], o [[Reino Unido]] e [[Francia]] comezaron a suxerir propostas comerciais e plans on respect a un possible acordo politico e military contra unha potencial aggression alemá. [[Polonia]] non participou nesas conversas, actuando así sobre a crenza de que calquera alineamento polaco coa Unión Soviética podería levar a unha seria reacción xermana. As discusións entre as tres partes centráronse en garantías potenciais aos países do centro e o leste de [[Europa]] que podían ser agredidos por [[Alemaña]]. Os soviéticos non se fiaban da honra dos británicos e os franceses para asinar un acordo de seguridade colectiva, xa que non se moverán contra os fascistas durante a [[Guerra Civil Española]] nin protexeran [[Checoslovaquia]] dos obxectivos expansionistas da [[Alemaña nazi]]. A Unión Soivética tamén sospeitaba que o Reino Unido e Francia poderían manterse á marxe nun potencial conflito entre os soviéticos e os nazis. Como resultado, os soviéticos só buscaron unha alianza militar blindada que garantise apoio contra un ataque ao seu territorio. A Unión Soviética insitíu nunha esfera de influencia que fose dende [[Finlandia]] ata [[Romanía]] para que servise de como zona de amortiguamento, e apoio military no case de que outro país atacase a Unión Soviética ou un país da proposta esfera. Tamén insistíu no dereito de entrar neses países da súa esfera no caso de que a súa seguridade estivese ameazada. Cando as conversas militares comezaron a mediados de agosto, as negociacións rapidamente quedaron estancadas no tema do paso de tropas soviéticas a través de [[Polonia]] se os alemáns atacaban, e as partes agardaron a que oficiais británicos e franceses presionasen aos polacos para que aceptasen eses termos. Porén, os oficiais polacos rexeitaron permitir ás tropas soviéticas no seu territorio porque crían que unha vez o [[Exército Vermello]] entrase en Polonia nunca marcharía. Os soviéticos suxeriron que os desexos polacos fosen ignorados e que os acordos tripartitos rematarían a pesar das súas obxeccións. Os británicos negáronse a facelo porque crían que iso levaría a que se estableceses unhas fortes relacións entre [[Polonia]] e [[Alemaña]].
 
[[Categoría:Guerras]]