Parlamento Vasco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 5:
Na constitución do Parlamento Vasco tralas eleccións de [[2005]], foi elixida presidenta a deputada [[Izaskun Bilbao]], do [[PNV|Partido Nacionalista Vasco]]. O seu primeiro presidente foi [[Juan José Pujana]] (PNV - afiliado en EA desde 1986), ao que sucederon [[Jesús Eguiguren]] ([[PSE-EE]]), [[Joseba Andoni Leizaola]] ([[PNV]]) e [[Juan María Atutxa]] (PNV).
 
O Parlamento Vasco está composto por setenta e cinco deputados que representan aos cidadáns dos tres territorios históricos que forman a Comunidade Autónoma do País Vasco. [[Álava]], [[Guipúscoa]] e [[Biscaia]] achegan ao Parlamento o mesmo número de deputados cada unha, aínda que a súa demografía é moi diferente. Todas as sesións que se celebran no Parlamento Vasco desenvólvense en calquera dos dous idiomas oficiais da CAV, o [[lingua éuscara|éuscaro]] e o [[lingua castelá|castelán]]. O Pleno presídeo unha escultura en madeira de carballo feita para a ocasión polo escultor de [[Bermeo]] [[Néstor Basterretxea]] e reflicte nas súas ramas os [[Euskal Herria|sete territorios vascos]]. No centro da escultura incrustouse un anaco da vella árbore foral, depositario da tradición foral vasca.
 
Estaba estipulado no [[Estatuto de Autonomí­a do País Vasco de 1936|Estatuto de 1936]] a creación dun Parlamento Vasco, pero a propia dinámica da Guerra Civil, e o escaso tempo de vixencia sobre chan vasco do mesmo (9 meses), imposibilitaron a súa posta en práctica.