Red Hot Chili Peppers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Ampío de es.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 57:
En maio de [[1992]] [[John Frusciante]] deixou a banda durante unha xira por [[Xapón]], alegando que se sentía alienado. [[Flea]] dixo que a xira de promoción do álbum fora moi dura e que non tiñan practicamente tempo para durmir. Aínda que a razón principal da súa saída foron as constantes discusións con Anthony ao longo da xira. Jhn foi substituído inicialmente por Arik Marshall, que aparece nos videos de "Breaking The Girl" e "If You Have To Ask". Posteriormente ocuparía o seu lugar Jesse Tobias e finalmente chegaría [[Dave Navarro]], guitarrista de [[Jane's Addiction]], para cubrir a vacante deixada por Frusciante, que nos anos que estivo fóra da banda (volvería en [[1998]]) estivo deprimido e loitando contra as drogas. Tamén traballou na música como solista, editando dous disco, un deles retirado do mercado polo propio Frusciante.
 
O álbum ''Blood Sugar Sex Magik'' vendeu máis de 15 millóns de copias a nivel mundial, só superado en cifras por ''[[Californication (álbum)|Californication]]''. ''Blood Sugar Sex Magik'' foi colocado no posto 310 da lista da ''[[Rolling Stone]]'' dos "500 mellores álbums de todos os tempos"<ref>[http://www.rollingstone.com/music/lists/500-greatest-albums-of-all-time-20120531/red-hot-chili-peppers-blood-sugar-sex-magik-20120524 ''Rolling Stone'' - 500 Greatest Albums of All Time]</ref>. En [[1993]], con Arik Marshall en lugar de John Frusciante, prestan a súa voz para a súa aparición na serie de televisión ''[[The Simpsons]]'' no capitulo "O drama de Krusty".
 
== Membros ==