Susa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Cambio eu:Susa (antzinateko herria) por eu:Susa (hiria)
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 9:
Susa foi fundada sobre o [[-4000]]. Politicamente pertenceu aos [[sumerios]] e despois aos [[elamitas]]. As escavacións mostraron nos niveis primeiros unha cerámica diferente á de Sumer e nos niveis seguintes unha cerámica idéntica (especialmente do período de Uruk). A influencia protoelamita está presente desde finais do cuarto milenio (antes do [[-3000]]); as inscricións [[protoelamita]]s (que non puideron ser descifradas) foron usadas ata o [[-2900]].
 
Despois do [[-2500]] estivo baixo influencia de [[Awan]], reino que se formara sobre o suroeste e sur, e que era de cultura elamita, diferente á cultura [[sumeria]]. Conquistado Awan por [[Sargón I]] de [[Akkad]] sobre o [[-2330]], en Susa estableceuse un gobernador. Sobre o [[-2221]] Awan recuperou a independencia en relación a Akkad. Neste tempo Awan anexionou a rexión de Susa (Susiana) cando [[Puzur-Inaunainak]] de Awan conquistou Susa sobre o [[-2200]]. Os elamitas invadiron o nordeste de [[Mesopotamia]] sobre o [[-2200]] e provocaron o movemento dos [[GutiGutis]] cara Acadia.
 
Puzur-Inauainak deixou diversos documentos co seu nome en Susa, algúns en [[lingua acadia|acadio]] e outros en escritura [[elamita lineal]], da que só se deron descifrado algunhas firmas e que probabelmente derivan do protoelamita.