Adrenalina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Trátase dun [[neurotransmisor]] da familia das [[catecolamina]]s secretada en situacións de alerta polas cápsulas das glándulas suprarrenais e que actúa sobre o [[metabolismo]], o [[Sistema nervioso|sistema nervioso central]] e os aparatos circulatorio e respiratorio. Prepara o [[ser vivo|organismo]] para grandes esforzos físicos, estimula o [[corazón]], eleva a tensión central, relaxa certos músculos e contrae outros.
 
A adrenalina deriva da [[fenilalanina]] ou da [[tirosina]]. A L-fenilalanina convírtese en L-tirosina por acción da tetrahidrobiopterina e o cofactor [[NADH]]. Á súa vez, a tirosina convírtese en [[L-DopaDOPA]] e esta en [[dopamina]] por acción da L-aminoácido descarboxilasa. A dopamina transfórmase en [[noradrenalina]] por acción da dopamina β-hidroxilasa. Finalmente, a noradrenalina é convertida en adrenalina por mor da feniletanolamina N-metil transferasa ([[PNMT]]). Estas reaccións ocorren nas [[Célula cromafín|células cromafíns]] da [[medula suprarrenal]].
 
A adrenalina libérase cando hai estímulos de estrés, que son mediados por unha [[neurona]] acetilcolinérxica preganglionar. A liberación de [[acetilcolina]] aumenta a cantidade de ions de [[calcio]] intracelular, o que estimula a exocitose e a liberación dos gránulos cromafíns.