Diferenzas entre revisións de «Célula presentadora de antíxenos»

As chamadas células presentadoras de antíxenos non profesionais non expresan constitutivamente as [[proteína]]s do complexo maior de histocompatibilidade de clase II requiridas para a interacción coas células T virxes; e só poden expresalas se son inducidas pola estimulación con certas [[citocina]]s, como o [[interferón gamma|IFN-γ]]. Entre as células presentadoras de antíxenos non profesionais están:
* [[Fibroblasto]]s
* [[Célula do epitelio do timo|Células do epitelio do timo]]. Presentan antíxenos unidos ao MCH II aos [[timocito]]s (células T inmaduras) como parte da [[selección negativa]] realizada no [[timo]].
* [[célula do epitelio tiroideo|Células do epitelio tiroideo]]
* [[Célula glial|Células gliais]]
* [[célula beta|Células beta]] pancreáticas
* [[célula endotelial|células endoteliais]] vasculares.
 
===Presentación aos linfocitos CD8===
Calquera célula do organismo pode presentar antíxenos aos [[linfocito T citotóxico|linfocitos T citotóxicos]] ou CD8+ por razón de que todas as células nucleadas do corpo presentan na súa superficie as proteínas do [[MHC-I]], que son as que se utilizan para que os linfocitos CD8 recoñezan os antíxenos foráneos, os cales proceden do procesamento endóxeno de proteínas, como é o caso dos antíxenos [[virus|virais]] e proteínas mutantes de células [[tumor]]ais.
 
== Interacción coas células T ==
183.754

edicións