Linfocito T: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 7:
A todos estes [[linfocito]]s se lles presentan todos os antíxenos do organismo, a través de [[macrófagos]], [[células dendríticas]] e células estromais tímicas. Parte deles interacionan de maneira forte, parte de maneira feble e parte non interacionan. As células que interacionan de maneira forte ou non interactúan son eliminadas para previr [[autoinmunidade|enfermidades autoinmunes]] (seleción tímica negativa). As células que interactúan de maneira feble poden continuar coa súa maduración (selección tímica positiva). Xeralmente, os macrófagos e células dendríticas encárganse da selección negativa, mentres que as células estromais tímicas da selección positiva.
 
As células superviventes comezan a expresar ou ben CD4 (células CD4 positivas; expresan [[MHC-II]]) ou ben CD8 (células CD8 positivas; expresan [[MHC-I]]). Estas células teñen funcións distintas:
 
* Células CD4 positivas: linfocitos Th ou colaboradores ''Artigo principal'': [[Linfocito CD4+]]
Liña 16:
== Maduración postímica ==
Cando o linfocito chega ao ganglio linfático, inda non está activado. Precisa dun contacto cun antíxeno (esóxeno no caso do linfocito Th e endóxeno no linfocito Tc).
* Célula CD4+: Contacta a través do TCR co [[MHC-II]] da célula presentadora de antíxeno (APC). Interactúan tamén o complexo CD4 co B27 da APC.
* Célula CD8+: Contacta a través do TCR co [[MHC-I]] da APC. Tamén o complexo CD8 con B27 da APC.
 
O contacto cos epitopos do MCH produce expresión do receptor de interleucina-2. O contacto con esta substancia provoca a proliferación e diferenciación da célula T.