Jordi Rebellón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Jordi Rebellon.jpg|300px|miniatura|Jordi Rebellón.]]
'''Jordi Rebellón López''', nado en [[Barcelona]] o [[15 de febreiro]] de [[1957]], é un [[actor]] [[Cataluña|catalán]], coñecido especialmente polo seu papel de Rodolfo Vilches en ''[[Hospital Central]]''.
 
== Traxectoria ==
Recibiu formación como actor na Escola de Actores de Barcelona. Comezou tarde a súa carreira interpretativa, e antes traballara nun banco. Malia isto, ten unha extensa traxectoria tanto en cine coma en teatro á marxe da televisión, onde tamén tivo un papel fixo nas últimas temporadas de ''[[Médico de familia]]''. Acadou sona grazas ó seu papel na exitosa serie de [[Telecinco]] ''[[Hospital Central]]'' interpretando ao doutor Rodolfo Vilches, que participou en máis de 200 capítulos.
 
En cine cabe salientar a súa participación en películas coma ''[[Todo Falso]]'' ([[Raimon Masllorens]], [[1993]]), ''[[Adiós Tiburón]]'' ([[Carlos Suárez]], [[1996]]), ou, máis recentemente, ''[[GAL (filme)|GAL]]'' ([[Miguel Courtois]], [[2006]]).