Terpeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
* '''[[Triterpenos]]'''. Terpenos de 30 carbonos (equivalen a 3 monoterpenos ou 6 isoprenos). Son xeralmente compostos formados pola unión cabeza-cabeza de dúas cadeas de 15 carbonos, pero cada unha delas formada por unidades de isopreno unidas cabeza-cola. Nesta gran clase de moléculas poderiamos incluír os [[brassinoesteroides]], compoñentes da membrana que son [[fitoesterol|fitoesterois]], algunhas fitoalexinas, varias toxinas e repelentes de herbívoros, e compoñentes das ceras da superficie das plantas, como o [[ácido oleanólico]] das [[uva]]s. O triterpeno [[escualeno]] é precursor dos [[esteroide]]s.
* '''[[Tetraterpenos]]'''. Terpenos de 40 carbonos (equivalen a 4 monoterpenos ou 8 unidades de isopreno). Os máis abundantes son os pigmentos [[carotenoide]]s (carotenos e xantofilas) accesorios na absorción de luz na fotosíntese.
* '''[[Politerpenos]]'''. Conteñen máis de 8 unidades de isopreno. Entre eles están transportadores de electróns como a [[plastoquinona]] e a [[ubiquinona]], e outros como o [[dolicol]]), ou o [[caucho]] do látex de certas plantas, que pode ter miles de unidades de isopreno con enlaces [[isómero cis|cis]]. A [[gutapercha]] é outro politerpeno con enlaces [[isómero trans|trans]], o que a fai moito menos elástica ca o caucho.