Metaloproteína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 84:
A [[calmodulina]] é un exemplo de proteína de [[transdución de sinais]]. Trátase dunha pequena proteína que contén catro motivos [[man EF]], cada un dos cales pode unirse a un ión de [[Calcio|Ca]]<sup>2+</sup>.
 
Nun bucle de man EF os ións de calcio están coordinados nunha configuración pentagonal bipiramidal. Na unión participan seis residuos de [[ácido glutámico]] e [[ácido aspártico]] situados nas posicións 1, 3, 5, 7, e 9, da cadea do polipéptido. Na posición 12 hai un ligando de glutamato ou aspartato, que se comporta como un (ligando bidentado), e proporcionando dous átomos de oxíxeno. O noveno residuo no bucle debe ser necesariamente unha [[glicina]] debido a esixencias conformacionais da cadea polipeptídica. A esfera de coordinación do calcio contén só átomos de oxíxeno do [[carboxilato]] e ningún átomo de nitróxeno.
 
A proteína ten dous dominios aproximadamente simétricos, separados por unha rexión "bisagra" flexible. A unión de calcio provoca un cambio conformacional na proteína. A calmodulina participa nos sistemas de sinalización intracelular ao actuar como un [[segundo mensaxeiro]] difusible do estímulo inicial.<ref>{{cita publicación | autor = Stevens FC | título = Calmodulin: an introduction | publicación = Can. J. Biochem. Cell Biol. | volume = 61 | número = 8 | páxinas = 906–10 | ano = 1983 | pmid = 6313166 | doi = | issn = }}</ref><ref>{{cita publicación | autor = Chin D, Means AR | título = Calmodulin: a prototypical calcium sensor | publicación = Trends Cell Biol. | volume = 10 | número = 8 | páxinas = 322–8 | ano = 2000 | doi = 10.1016/S0962-8924(00)01800-6 }}</ref>